GATOS ABANDONADOS

28, Setembro 2021

Boas tardes, con respecto os gatos abandonados de flores, que non só os abandonan en Flores, pero contestando a esa queixa en concreto, deberíamos saber que os únicos culpables de que esto pase é dos SERES HUMANOS, que  pensamos que os animais son xoguetes pos nenos, que non teñen necesidades, como darlles de comer, desparasitalos, levalos o veterinario, etc. enton cando esto ocurre o máis fácil é ABANDONALOS. Os fillos dan gastos e enferman e non por iso os abandonamos. A solucion temola nas nosas máns. Compre moita moita moita educación, civismo, compromiso, respeto, etc. Os Bombeiros  xa poden vir cincuenta veces limpar as cacas que se cada un de nós non pon da súa parte, non facemos nada. Como animais racionais que somos ou deberiamos ser, usemos as nosas facultades para coidar dos animais  irracionais(ser vivo que non está dotado de razón).