HORARIOS DE MERDA TREN CARBALLIÑO SANTIAGO

12, Decembro 2022

Boas! Perdón polo titular, pero é o que de verdade penso. Acaban de aceptarme nun curso que levo tempo querer facer e é en Santiago, vaise impartir de 9 da maña ata as 14:00 horas. Resulta que o único tren que sae do Carballiño sae as 17:06 horas e chega as 18:20 e o que hai de volta sae as 18:40 e chega a Carballiño as 19:55. Gustariame saber quen é o iluminado/a que pon e en base a que os horarios. Porque xa me dirán quen vai empregar o tren con eses horarios para ir a Santiago se somentes podes estar 20 minutos na capital de Galicia, que como comprenderá calquera é a diferencia entre a chegada a Santiago e a saida a Carballiño. Un sin sentido ningún. Ver pra creer. Así e imposible, nin pra estudiantes, nin pra funcionarios, nin pra traballadores, nin pra nada. Digo eu que haberá que ter polo menos un a primeira hora da mañá, para estar en Santiago polo menos as 8:30 da mañá e outro a última hora da tarde, que saia de Santiago as 20:00 horas para facer unha xornada laboral normal, xa non digo nada dun a mediodía porque eso sería moito perdir. Pero un a primeira da mañá e outro a última da tarde e de sentido común para calquera persoa. Xa non é cuestión de ter moitos ou poucos trens, polo menos os que haxa que teñan uns horarios acordes a vida real das persoas. Máis que lamentable.