A linguaxe técnica dos plenos que moita xente non entendemos.

28, Outubro 2022

Onte no pleno escoiteille ao alcalde decir que saneou as contas do concello. Que cando el chegou se debían 4 millóns de euros e  día de hoxe, sete anos despois esa deuda está casi totalmente saldada. Quenes escoitamos eso, así en frio, e non controlamos moito de eses temas só nos podemos maravillar da boa xestión do alcalde. Pero hoxe na tertulia Nogueira dixo que ese saneamento económico foi forzoso pois hai tres leyes (creo que as chamou leyes montoro) que obliga aos concellos a usar os seus aforros para pagar a súa deuda. Leyes que estan suspendidas este ano, lle entendín. Vamos, que de boa xestión nada, senon que xestión imposta.

Estas cousas está ben sabelas e que se expliquen para que a xente sepamos de verdade como está a realidade lonxe dos titulares sensacionalistas que moitas veces lemos sin saber facer unha lectura real da situación que se nos está a narrar.

Gustaríame propoñerlle á cope que fixese un pequeno monográfico con Nogueira e outras persoas que dominen estes temas explicando cuestións básicas de esta índole: lectura dun presuposto, ordenanzas fiscais, tipos de impostos,etc. Cousas que afectan ao noso concello e das que na súa maioría descoñecemos ou non sabemos como entendelas cando os nosos políticos as citan.

(Ollo, menciono a Nogueira non por afinidade política, que non a comparto, sinon porqué é o único que as veces aclara estas cuestións algo técnicas, incluso con  exemplos).