Malestar na Parroquia da Piteira

10, Outubro 2012

Señores da prensa:

    Os veciños da parroquia de San Miguel da Piteira queremos falar do noso descontento pola eliminació da mesa Laborada para poder exercer o voto nas elecciós autonómicas. Non comprendemos como se nos deixa sin mesa electoral e se traslada todo o cnso para a mesa de Costoia, tendo en conta que o número de veciños é moi parecido nas dúas paroquias e que históricamente a mesa da Laborada existe desde os veciños teñen memoria.

    Hay que ter en conta que nestes pobos da Piteira a maior parte tratase de xente maior con dificultades para o desprazamento, e que nestes momentos opinan que no farán exercicio do seu dereito ó voto. Na Piteira, Pol, Zafra, Lama, Souto, Valeiras, Carballeda, Sobrado as xentes están moi disgustadas coa decisión do señor alcalde de facernos ir ata arriba. Tampouco entendemos que no caso de quitarnos  noso local da Laborada non se nos envíe para calquera mesa das de abaixo, por exemplo en Arcos.

    Así que solicitamos que o señor alcalde cambie esta actitude e volva a pornos  nosa mesa da Laborada para as votaciós, que nos é mais fácil para todos os veciños e moito melor para ue a xente vaia votar ese día que haxa elecciós. Creemos que fais isto porque o pai do alcalde é de Santa Eugenia e quere que todos nos vaiamos para alá a votar. Queremos saber si ten tamén algo contra nos por esta decisión.

    Veciños e veciñas da Parroquia de Piteira