O abandono e degradación da Estación de Ferrocaril

20, Novembro 2013

Unha das grandes obras urbanísticas do Carballiño, feita incluso 
como modélica e con miras de futuro, é a Estación do Ferrocarril. Nunca se 
entenderon semellantes posibilidades. dende os seus incios foi e sigue 
estando infrautilizada, mesmo machacada polo mostrario de feismos e sobre 
todo polo galpón de Protección Civil, rompendo en volume e mal gusto a 
armonia da plaza e as labras do muro. Habendo incluso dentro do recinto 
espazos máis amplos e cómodos para este servizo de urxencia. ¿Pero non se 
entende que unha estación é unha porta de entrada, a primeira imaxe, neste 
caso para moverse polo Ribeiro? ¿Como non se xestiona que a estación do 
tren e a de autobuses estean próximas pra enlazar?...sitio hai. O que falta 
é sentidiño pra entender que o que vende e a imaxe e sobre todo quen non se 
comunica está morto... E velaí as estacións, sen sangue, sen vida.  Xa nos 
encargamos de acabar con nos mesmos (por non dicir outra cousa). Ver, sentir 
(si temos sentidos) e xuzgar. Unha veciña de Leiro que traballa en Santiago