O Alcalde de Piñor

19, Xaneiro 2010

O alcalde de Piñor, o socialista, Francisco Fraga Civeira, non trata aos veciños por igual, nin moito menos, pero a culpa non a ten só o alcalde senón todos aqueles que o rodean e permiten que se cometan atropelos coma o que lles vou a relatar.Fai cousa de tres meses, chamei por teléfono a emisora de Cope Carballiño  para pór de manifesto que unha farola estaba avariada na aldea de Grobas e que levaba máis ou menos que case que un ano sen funcionar, a maiores manifestaba que a dita farola estaba fronte a unha marquesiña de autobuses, pois ben a día de hoxe segue sen alumear. Dicía esto por non dicir, que estaba fronte a casa onde vivo. É a única farola que non funciona na aldea de Grobas, a min só se me ocorre que o alcalde non dá a orde de arranxala posto que eu son un militante do Partido Popular, porque outra cousa non se  me ocorre, porque o Concello de Piñor con cartos públicos e co visto e prace do Sr. Acalde de Piñor, está a pagar o consumo de puntos de luz instalados en propiedades privadas e conectados á rede de alumeado público, ó longo das aldeas de Piñor. O Sr. Alcalde de Piñor fai demagoxía, xa que é frecuente ver nos medios de comunicación que vai facer arranxos nas redes de alumeado público, que está ben, pero o que non dí o alcalde de Piñor 
é que algúns veciños teñen instaladas nas súas casas farolas que non alumean propiedades públicas senón propiedades privadas, pero pagadas con diñeiro público. Iso en Galicia só ten un nome: suborno. Tanta culpa é do veciño que solicita instalar puntos de luz para uso privado, coma o do alcalde que accede a ilo. Non sei se o Sr. Secretario do concello de Piñor tén constancia destas irregularidades, por dicilo dunha forma moi "suave", a min pareceme que non, pero pidollle a que remate dunha vez con esta  "cacicada".Debe explicar por qué non me contesta os meus escritos. Seguramente terá moito traballo, pero debe saber que eu tamén pago os meus impostos e que por suposto merezo un respecto, pero seguramente non me contesta porque son de 
ideoloxía distanta a súa. Iso demostra que non aguanta a aqueles que lles "cantamos" as corenta, e tamén demostra que en vez de ser "progresista" o que é inflexible con aqueles que non comulgamos con rodas de muíño.
Moitas grazas, por darme a oportunidade de expresarme.
Asdo.: Nonito Pérez Rodríguez