O ALCALDE DO CARBALLIÑO FOXE DOS TRABALLADORES DE EMERXENCIAS

8, Marzo 2024

Onte xoves unha representación dos traballadores e traballadoras do Servizo Municipal de Emerxencias asistiron ao pleno ordinario para reclamar unha vez máis e ante a pasividade do goberno municipal, a convocatoria dunha mesa de negociación e que se resolvan as demandas do Servizo.

Unha vez finalizada a quenda de rogos e preguntas, no espazo de participación cidadá un dos traballadores solicitou a palabra para expoñerlle ao alcalde as demandas que se negan a escoitar por outros cauces, tanto escritos como verbais, ao que o Sr. Fumega se negou dicindo que as cuestións deben plantexarse por escrito previamente. Acto seguido o grupo de goberno fuxiu do salón de plenos sen dar ningunha explicación máis ante a mirada atónita da oposición.