O conto da leiteira

27, Xaneiro 2016

Camiñaba contento o cativo polas rúas do seu pobo. Portaba nas mans unha ola cheíña de leite branco e espumoso, que él mesmo acababa de muxir dunha vaquiña que pacía no monte veciñal. O rapaz tiña grandes proxectos e cavilaba en que vendería a ola de leite e cos cartos mercaría un pequeno leitón. Tamén pensaba en qué podería facer co monte, pois para unha sola vaca era moito sitio. Despóis de darlle voltas, acordóu o pícaro, que a mellor maneira de aproveitar o predio era buscar algo que non quixera ninguén. Así, sería doado de xestionar. Xa está , dixo para o seu maxín, voulle decir ós veciños que poñamos unha incineradora de rodas no monte.

Ó mesmo tempo que pensaba no gran proxecto empresarial, acordóu que cando o leitón medrara e se puxera fermoso, cambiaríao por unha vaca, así xa tería duas.

Desta maneira, voltóu  ó seu proxecto de industrialización. -Cando teñamos a incineradora montada, diréille ós meus veciños que poden traballar todos nela. Homes, mulleres e mozos. Así todos estarán contentos comigo, e ó mellor, ¿quén sabe?, ata lle poñen o meu nome á rúa principal do pobo.- Igualmente imaxinaba Celsiño, que así se chamaba o personaxe deste conto, que as dúas vacas que tería, cando vendera o porco, parirían e traerían moitos becerros, e co que sacara da súa venda, mercaría máis e máis vacas, convertíndose deste xeito nun gran empresario, e así acadaría grande prestixio e sona polas súas fazañas económicas.

Iba ensemismado nestes pensamentos , ora coas súas cábalas persoáis, ora cos grandes proxectos que tiña para o seu pobo, cando de súpeto abordóuno unha grave incertidume:

O rapaz non tivera en conta  que ó mellor, os seus veciños, non querían  

unha  instalación de incineración no medio do monte. Nin que ó mellor, os donos da industria,  non estaban dispostos a  vulnerar a lei.

Foi tal a angustia que o invadíu, que metéu o pé nun burato da rúa e caéu ó chan, vendo como a ola rachaba en mil anacos e se derramaba toda a leite que iba ser a base dos seus proxectos.

Moralexa: Se non te queres dar de bruces, respeta ós teus veciños (E máis se eres o seu alcalde)