O SEPE do Carballiño

24, Novembro 2012

Quero denunciar a mala xestión dalgún funcionario do SEPE do Carballiño, 
concretamente da sección CONTRATOS.
Os acontecementos son os seguintes: eu chamo por teléfono para preguntar 
sobre un contrato, xa a funcionaria dame largas dicindo que ela nese aspecto 
non me pode axudar que teño que ver o perfil do aspirante a contratar. Non 
sei que vos parece pero que unha funcionaria do SEPE da sección contratos 
che diga que non ten nin idea de que vai a cousa, non o entendo moi ben, onde 
está o seu deber de información co cidadán?
A cousa non queda ahí, explico a esta funcionaria o que quero facer e 
pregunto algo moi concreto sobre un contrato xa que na súa redacción non 
está moi claro que colectivos se inclúen e cales non. A funcionaria 
soluciona o tema dicíndome que me vai pasar co director. Estiven esperando 4 
minutos a ver se o director se puña ao aparato, pero como xa suporedes, nada 
de nada ata que me colgaron o teléfono sen ningún tipo de explicación nin 
de despedida.
Acto seguido volvo chamar de novo o mesmo número, eh sorpresa¡¡¡¡ o 
primeiro tono sí o daba pero o resto daba o sinal de comunicando. Eu entendo 
que o ver no identificador de chamadas e comprobar que era o mesmo número 
pulsaba un botón que daba comunicando.
Se a funcionaria de turno dase por aludida e de paso o director, dicirlles 
que a súa labor paréceme bastante mala, se unha cousa  non se sabe hai 
maneiras de que se poidan solucionar, podes consultar e darme a solución 
para outro día ou algo así, ou que chame a outro sitio. Pero non, estes 
funcionarios solucionan as cousas colgando o teléfono aos cidadáns. A 
sensación que da é de desidia total, "non me importa o que che pase e non 
me molestes que teño que ir a tomar o café, arránxao como poidas tí"
Por sorte para nós,  non todos os funcionarios son así pero o que me pasou 
onte con estes funcionarios ao final e o que a xente recorda e débese 
solucionar dalgún xeito. Cómo lle cambiaría o conto se traballase nunha 
empresa privada e lle colga o teléfono a algún cliente sen arranxarlle o 
seu problema.