Os conspiranoicos da tertulia

30, Setembro 2012

O venres escoitando a tertulia da Cope casi morro ca risa escoitando a 
Bernardo e a súa teoría da conspiración. É a segunda vez consecutiva na 
que ataca públicamente a xustiza e bótalle panos quentes aos presuntos 
prevaricadores. Bernardo, a ver si eres, ou pouco máis serio ou polo menos 
máis orixinal, porque a teoría da conspiración é de Felipe González, 
cando tiña a Mariano Rubio, ex gobernador do Banco de España imputado, a 
Juan Guerra, a Barrionuevo a Vera, a Roldán, etc...Todos declarados 
culpables pola xustiza. En Andalucía os do PSOE tamen cargan contra a xuiza 
Alaya por investigar un fraude por mais de 1400 millóns de euros cos eres 
falsos. Por certo, a tertulia máis que tertulia, está comenzando a parecer 
un galiñeiro. Con tanto berro non é doado entender o que se dí. Tamen 
estivo moi simpática a señora Asunción cando falando de Vendex e a Ora no 
Carballiño dicía: "Hai que deixar moi clariño" e o mesmo tempo dicía "Eu 
falo de oídas". Se falas de oídas ¿qué vas deixar clariño Asunción? O 
dito, menos crispación, mais seriedade, e non convirtades a tertulia nun 
plebiscito para perdoar presuntos prevaricadores, e facede un diálogo máis 
distendido. Penso, e isto que vou dicir é a miña humilde opinión, que na 
tertulia debería estar xente que non se dedicase a política, para saber 
qué é o que opinamos os veciños. Porque tanto Argimiro, Asunción como 
Bernardo, están ou estiveron implicados con partidos políticos e seguen 
estando de algún xeito implicados coa política, o que resta credibilidade a 
opinións políticas e interesadas das que todos os veciños empezamos a 
estar cada vez máis fartos. A dirección da Cope faría ben en levar a xente 
independiente da política.