Outro ataque os ameneiros do Carrás

10, Marzo 2014

Outro ano mais a empresa GADIS procede a un inexplicable ataque contra
os ameneiros que hai diante do seu supermercado na Fontela. Dice o encargado
que é para que se vexa ben a tenda, como se non soubéramos todos onde queda
o GADIS da Fontela. Pero pior ainda é que os ameneiros brotan durante o
verán e cando chega o inverno son podados a ras de todo. Como consecuencia
as árbores que hai diante do letreiro e o aparcadoiro están mais baixos que
o porpio aparcadoiro do mercado, porque non os deixan medrar, algo que se ve
claramente cando se comparan con os que hai ao fondo, perto da ponte da
estrada de Cea. Levaron algunha multa por metrerse en árbores que están en
dominio público da Confederación Hidrográfica, e agora peden permiso para
esa poda innecesria e perxudicial que tamén está ocasionando que o talude
da marxen esquerda do río se derrumbe por causa da erosión. Resultado hai
un corremento de terras nese talude e pedras caídas no río. Eso, ademais de
deixar o propio río sin a protección das árbores de ribeira, porque o
iluminado que fai as podas quere que se vexa ben o letreiro do supermercado.