Outro reventón na canalización da auga

24, Marzo 2010

Xa levávamos unha temporada tranquilos sen rebentóns nas canlizacións da auga da nosa vila e mira ti por onde hoxe mesmo en torno ás 7:30 máis ou menos as tuberías do abastecemento de auga do Carballiño sufriron un novo reventón na rúa que baixa dende a praza dos Irmáns Prieto á rúa Principal o que provocou que desta rotura saíra auga en abundancia que axiña non tardou en formar un regato que discorreu pola rúa Mosquera abaixo ata a altura da praza de Emilia Pardo Bazán. Ó dito debemos de engadir o alcantrillado desta rúa a duras penas foi capaz de absorver a auga debido  a que os sumidoiros estaba atascado. Afortunadamente ós poucos minutos de comenzar a riada se personaron os efectivos de Augagest e da Policia Local, así como o concellal Dacal que supoño tomaría boa nota para que novos reventóns non volvan comberter a rúa Principal nun río.