Perigosa situación da estrada OU-504

19, Xaneiro 2023

Non podemos deixar de denunciar esta situación. Os usuarios do tramo de estrada OU-504 que une O Carballiño e Cea (neste caso) levamos varios meses percorrendo esta ruta nunhas condicións inaceptables e perigosas. Despois de que estuveran "arranxando" o pavimento, a estrada quedou sen pintar, polo que tanto os carrís e as incorporacións están sen delimitar, situación bastante perigosa xa que se lle sumamos as poucas horas de luz debido a época do ano e as condicións meteorolóxicas adversas actuais, fan que o percorrido non sexa seguro para a circulación, por iso SOLICITAMOS que dende o organismo pertinente se poña solución e pinten a calzada o antes posible para evitar calquera desgracia provocada por este motivo.