Que alegría que alboroto, outro canciño piloto

27, Outubro 2022

Resulta grotesco e insultante ver de novo a todo un delegado provincial da Xunta sacándose fotos de feirante de boletos premiados ao mesmo tempo que a atención primaria en toda a comarca esmorece sen solución de continuidade.

Señor Gabriel, vai levar o premio aos safaris fotográficos. Aparece vostede en todos os saraos de irrelevancia para o servizo público que vostede debería prestar. Pero faga o favor, traballe un chisco e faga algo pola atención primaria de toda a comarca. Porque é unha auténtica vergonza.

E aqueles que seguen dicindo que temos a mellor sanidade do mundo que o fagan mirar. Temos unha lonxana lembranza do que foi unha sanidade decente. Pero os dos safaris fotográficos están a rematar con ela.