Respeto as persoas

10 Jan 2012

 Son unha veciña da Lama no concello do Irixo. En referencia o proxecto da incineradora descoñezo si son mayores os beneficios que perxuicios ou viceversa pero é lamentable as faltas de RESPETO a Penedo e  
Lito (alcalde e tenente alcalde respectivamente). Xamais formarei parte dunha plataforma nin participarei en concentracións donde se calumnie e se vulneren o dereito o honor das persoas.


Comentarios

Estou de acordo en que

Estou de acordo en que merecen respeto. A plataforma "Incineradora Non" é a responsable das pintadas por todos os pobos do concello. Bárbaros queremos un concello limpo e libre para decidir. Onde están os ecoloxistas de Outeiro?? será que para eles as pintadas non contaminan.......

Si, uns pintan en negro e os

Si, uns pintan en negro e os outros en laranxa, somos uns grafiteiros de carallo no Irixo.

PINTADAS

Lo haceis con nocturnidad y alevosía. Hacerlo cuando algún dueño esté en su propiedad. Eso sería valor, todo lo demás en cobardía.

PSOE e BNG do Irixo. ¡¡FORA¡¡

PSOE e BNG do Irixo. ¡¡FORA¡¡ En fin, o BNG as urnas lle deron o seu lugar. MANIPULADORES, DEMAGOGOS

Bandullo agradecido,¿quen te

Bandullo agradecido,¿quen te cres que es ti para despreciar a vontade da xente que votou a eses dous partidos? É en momentos coma estes cando realmente se vos ve como sodes, uns hooligans que pouco teñen que desmerecer ós de outras épocas do século pasado, memoria histórica é a que fai falta neste pais. O peor de todo é que seguro que cando gobernaba o bipartito ti eras dos que iban detrás mendigando un posto de traballo, que esa é a xente que quere a incineradora no Irixo, xente que se vende por un postiño, ainda que sexa revolvendo na basura do resto dos galegos. Dignidade amigo, o que tes que pedir é dignidade, que o traballo cando se quere traballar aparece, non fai falta que te recomende ninguén. Saúde compañeiro.

posto de traballo

Para a túa información cando gobernaba o bipartito eu non MENDIGABA por un posto de traballo entre outras cousas porque gracias a miña valía profesional teño un contrato indefinido nunha empresa privada. Só mendigaron por un posto de traballo e o conqueriron os amigos de Pachi, por exemplo, en Seaga.

Non home non, Seaga era a de

Non home non, Seaga era a de Suárez Canal, a do Pachi era Tragsa. Non me cadra, unha persoa cun contrato indefinido que supostamente vive no Irixo, que polo tanto non necesita un postiño revolvendo no lixo ¿que fas a favor da incineradora?, e non me digas que é polo desenrolo da comarca. A non ser que consideres que traballar no concello, na diputación ou nalgunha empresa satélite do PP como traballar na privada. P.D: O da valía de un normalmente teñen que decilo outras persoas, cando o di un mesmo queda fachendoso. Saúdos.

Estou de acordo que a valía

Estou de acordo que a valía profesional deben decilo os demais o meu deber demostrala y así é con feitos que o demostran os cales non os vou a facer públicos en un foro. Efectivamente vivo no Irixo e afortunadamente hoxe en día non necesito un posto de traballo en esa planta incineradora. Non estou a favor, simplemente me informei nunha empresa de enxeñería de Madrid que fai este tipo de proxectos y os perxuicios nada teñen que ver cos que nos queren facer ver

Con tódolos respetos, se eu

Con tódolos respetos, se eu fago un galiñeiro non hei de poñer de garda xurado ó raposo. Non fai falta ir a Madrid a informarse de nada, sen ir mais lonxe hai un rapaz do Irixo que tamén é enxeñeiro, e casualmente traballa nunha empresa de Madrid que te pode informar, e asegúroche que non di eso mesmo. Eu tamén me informei, non en Madrid, pero si con profesionais do ramo(enxeñeiros, médicos, químicos...) totalmente independentes e todos coinciden nunha cousa, para a saúde , por moitos controles que se fagan, boa non é. Por eso eu estou en contra, non por política.

Non fun a Madrid para

Non fun a Madrid para informarme, non coñezo a persoa que mencionas pero sí teño 2 familiares no equipo de enxeñería de ACCIONA FACILITY SERVICES y non dicen que sea beneficioso pero discrepan totalmente en canto a repercusión sobre a saude

Bueno home bueno, paréceme

Bueno home bueno, paréceme moi ben, ¿pero ti sabes a que se adica esa empresa?, teño entendido que exactamente á xestión de RSU, entre outras cousas, co cal a imparcialidade brilla pola súa ausencia, co que non quero decir que non digan a verdade, pero non toda. O tema está na temperatura de queimado e no tratamento posterior das cinsas, a famosa planta de tratamento de Andorra que mencionaba o alcalde a semana pasada,¿sabes que fai cas cinsas? Veñen para España amigo,¿sabes que van facer coas que se xeneren no Irixo?, pois van ser enterradas in situ, de ahí o principal problema. Outra duda, o das choivas ácidas, saberás que o que vai sair polas chimeneas da planta non vai ser vapor de auga, por moito que o digan e repitan,(se queres facer a proba podes asar un chourizo nunha fogueira feita con bolsas de plástico, que básicamente é o que vai arder na planta, a parte do que traian dentro) e dase a circunstancia que na Serra da Madalena, por orientación, situación e altitude é unha zona de moitas néboas e choivas, ¿sabes que vai chover sobre as nosas cabezas? Unha disolución química conocida como choiva ácida, e en dias de vento, o que non chova alí irá caer val abaixo, é decir uns dias cara o Ribeiro outros dias cara ó Carballiño outros dias cara as Laxas... depende como sople o vento. Humildemente, creo que a información que manexas é sesgada, proba a informarte noutras fontes e logo compara, xa verás como ó mellor che cambia a opinión. Saúdos.

BNG IRIXO

Por qué non se lle pregunta ó BNG do Irixo como malgastou ou miles de € que lle enviou Suárez Canal cando era conselleiro de medio rural. Para mais información no gabinete da Consellería de Medio Ambiente e Territorio. € malgastados sen consultar a ninguén, eso sí que era DICTADURA POLÍTICA.

¿ Lito?, ¿Manolo? ¿Sodes

¿ Lito?, ¿Manolo? ¿Sodes vos?, !menos mal! Xa pensamos que nos deixarades solos con estes do non, asi me gusta, tirando a pedra e escondendo a man, a técnica de sempre, coma cando entraches de alcalde,!vaia tempos aqueles! Eso si que era facer política e non agora con tanta manifestación, antes con catro cadelas arreglábase calquera cousa.!!!

Pero mira que estades caendo

Pero mira que estades caendo ben baixo, despois falades de politización, eso é o que vos fode, que esto non está politizado e queredes politizalo vos. Para que sepas "enteradillo" Suárez Canal era conselleiro do medio rural, non de medio ambiente, e si, malgastáronse algúns cartos: Se queres que cha falen os veciños de Vila do peche das cachenas, pero claro eso para vos, poñer un comunal a producir carne de vacuno é malgastar os cartos, ou alguha traida que se fixo, ou camiños que se arreglaron, ou o convenio de incendios que o concello rexeitou e executou a sociedade de caza, nada mais e nada menos que o desbroce de 50 ha de monte comunal , 100 ha en dous anos, en fin, se queres sigo, pero enumerando o que fixo o alcalde, que é bastante mais, por exemplo do parque eólico da Madalena, das obras do Ave, do plan E, e da adxudicación das obras, ou sen ir mais lonxe das fosas sépticas ,que dades pena. Por favor, deixade a politica para outra ocasión, que nesta sobra, e como consello, e vos mellor que esteades caladiños. Se tanto apoio tendes é planta, coutade o nervio, non sea que ó final a fagan e a inaugure outro alcalde, non faledes de chamulladas, que por unha regla de tres, en 27 anos fixéronse mais ca en 4, e o Penedo xa entrou gracias a unha.

Iluminado........ O do AVE,

Iluminado........ O do AVE, en fin só preguntar, Quen foi o Enxeñeiro de Camiños que diseñou o paso soterrado da Lama?? De principio a fin sin axustarse a legalidade

Non se eu non falo do

Non se eu non falo do trazado, falo doutras cousa das que parece que ti sabes bastante, ¿falamos das obras do Plan E e de certa empresa de certo ex-alcalde? Ou se o prefires da empresa que está facendo o pabellón.

Hay que aprender a leer. Xa

Hay que aprender a leer. Xa se puxo que Suárez Canal foi conselleiro de Medio Rural.

Perdona home, xa me dei conta

Perdona home, xa me dei conta cando mandei a mensaxe. Se mo permites vouche dar un consello, a rabia e a mala baba son malos conselleiros, eu non son político, pero ti parece que si, e un politico nervioso normalmente comete erros. ¿Sabes por onde morre a troita? Saúdos

Eu tamén son unha veciña da

Eu tamén son unha veciña da Lama, e creo que alguén se merece respeto cando respeta aos demáis, e dende logo dubido moito que tanto o alcalde como o tenente de alcalde respeten o máis mínimo aos seus veciños, ou non actuarían desta maneira. Son representantes gubernativos de 1800 persoas, non son os donos do Concello, como tal a quen lle deben eles respeto é a toda esa xente, se teñen un cargo que se lles quedou grande e non sabes como xestionar, que se marchen, e se queren seguir aí que escoiten a xente e empecen a facer as cousas ben, entón si, empezaremos a falar de respeto outra vez. Silvia Fernández

si que nos escoite e k sepan

si que nos escoite e k sepan que no irixo os apoiamos e queremos a incineradora !!!!VIVA O ALCALDE¡¡¡¡¡

Aprende a escribir anda, que

Aprende a escribir anda, que non estás mandándolle mensaxes a ningunha choni,paréceme ben que esteas a favor da planta, pero sinceramente, non sabes o que dis.

E despois que digan que a

E despois que digan que a xente moza do Irixo está a favor da planta, !toma en toda a boca! Ben falado Silvia!

Eu tamén tamén son veciño da

Eu tamén tamén son veciño da Lama, e xa sufrín bastante coa enorme ferida que lle supuxo o meu pobo as obras do ave e por eso opóñome a que agora seamos a porta de entrada de toda a basura de Galicia. Só pensar as toneladas de lixo e residuos perigosos que van pasar por diante das nosas casas danme forza para enfrentarme o preoxecto que nos queren impoñer este par de "señores"

Honor, calumnias, respeto...

Honor, calumnias, respeto... en fin señora da Lama, sen comentarios.

respeto su postura

Respeto su postura en no participar en ninguna plataforma donde se vulneren derechos, y Sra da Lama,donde esta el cumplimiento del Sr.Regidor de informar correctamente a sus vecinos ,gracias a Ellos ostenta el cargo de Alcalde,asi que A dios o que e de Dios y o Cesar o que e do Cesar,si le molesta mi comentario ,acepte mis disculpas, no es mi intencion molestar.