Restricións de auga no Carballiño

16 Aug 2010
Escoitei o alcalde do Carballiño falar das posibles restricións de auga 
debido ao aumento do consumo. É responsabilidade de todos o uso racional de 
tan preciado líquido,e digo TODOS,comezando por Aquagest. No pobo das Caldas 
de Partovia hai unha rotura nunha tubería da traída dende hai uns 4 ou 5 
meses. A auga discorre polo Camiño dos Arrieiros placidamente.Notificouse a 
empresa varias veces,pero ata o de agora non o resolveron. Cantos litros se 
levan perdidos? Que incongruencia! Sr alcalde podería vostede notificarlles 
este feito?. Ao mellor fanlle máis caso e reducimos nuns cantos litros o que 
non é un consumo,senón unha perda. Moitas grazas.

Comentarios

La calle avenida de Galicia

La calle avenida de Galicia temos a desgraza que a auga a perden os de aguagest cada vez que teñen que reparar unha rotura de tubería e se vos pasades a eiqui vos daredes conta do que falamos. Esta calle está entre o colexio calvo sotelo e o campo de futbol e é a gran olvidada, pasádevos e xa veredes do que falo. parches totais por as roturas continuas que temos, sin pintar, sen luz, cando anoitece non temos luz, soio temos un paso de cebra, nótase que por eiqui non pasa ningún concellal, e, cando digo ningún, é ningún. E o peor, cando se reparan as roturas de auga faise sen filtros e estropeanse as lavadoras, caldeiras da calefacción, etc. Sube o prezo da tarifa da auga, pero non se corresponde co servizo. O sr. alcalde non se entera, porque en Maside creo que lle funciona mellor, e como está ilusionado en outros proxectos, non se entera de nada.