SEN PERSOAL SANITARIO NO PAC

27, Outubro 2022

Con este escrito quero facer pública a situación de falta de persoal sanitario que atopei no PAC do Carballiño cando acudí co meu fillo este pasado 23 de outubro as 13:55 horas. Non había nin un so médico/a nin tampouco enfermeiro/a. Estaban todos desplazados fora e xa había catro persoas agardando para ser atendidos. Vendo a situación, decidín acudir a Ourense. Pódese entender que pode ser un momento puntual, pero os responsables de organización de persoal e das quendas de traballo teñen que garantir e previr que non pasen estas situacións nun servizo tan importante. Cada segundo conta a hora de atender unha urxencia para que o resultado sexa o mellor posible e non teñamos que lamentar males maiores.