Sobre a "Asociación de Pulpeiros do Carballiño"

26 Jan 2012

Fai pouco tivemos noticia de que se constituíu no Carballiño dita  
asociación de pulpeiros. Unha gran noticia, en principio, xa que todos  
sabemos o emblema que supón o pulpo para a nosa vila. Polo tanto, toda  
iniciativa que supoña a unión, a integración e o traballo en común aredor  
dun dos símbolos máis importantes desta vila, sempre será positiva.

O problema e que parece que esta asociación non nace co fin de unir, de  
integrar e de traballar en común.
En principio, unha asociación que se chama “de pulpeiros do Carballiño”  
debería ter como requisito único para poder formar parte dela: ser pulpeiro  
e ser do Carballiño. Parece o máis lóxico.

Pero esto non é así, en palabras da súa presidenta: “aínda que a  
asociación está aberta a todos os que exercen como pulpeiros, a marca  
identificativa daráselles a aqueles que demostren máis de 20 anos de  
profesión”

Aquí entendese que ainda que podes formar parte da asociación a marca  
identificativa non a terán os pulpeiros que non acrediten 20 anos de  
profesión. Eu preguntome, se o obxectivo principal co que nace esta  
asociación e crear unha marca corporativa que distinga ós “pulpeiros do  
Carballiño”
dos demais pulpeiros. ¿Quen vai querer formar parte dela senón van ter  
dereito a identificarse coa “marca corporativa”? ¿Senón os van a  
recoñecer como membros dela?

Entón esta asociación está creada para os pulpeiros do Carballiño que  
leven máis de 20 anos no oficio. Eu topo esto bastante excluinte. ¿Por qué  
non se acolle a tódolos pulpeiros que queren formar parte dela? ¿De verdade  
que se necesitan 20 anos para aprender o oficio?
Non deberían ter dereito calquera persoa que se dedique a esta profesión e  
sexa do pobo, a formar parte dunha asociación que se chama de pulpeiros do  
Carballiño?

Din que por tradición, eu creo que por competencia, por eliminar  
competencia. O prezo do pulpo está moi alto, a crise nótase, e os pulpeiros  
reducen beneficios. Unha boa maneira de intentar solucionalo é xuntandose as  
familias máis “tradicionais” ou tamén “poderosas”  entorno a unha  
asociación que os identifique e distinga, non tanto dos pulpeiros de fóra,  
senón dos de aquí. Dos pequenos pulpeiros, que non levan 20 anos no oficio,  
pero que lle fan competencia e que lle quitan mercado. E que están tan  
lexitimados a gañarse a vida no seu oficio como os demáis. E que farán o  
pulpo peor, igual ou mellor, pero eso xa o decidirán os seus clientes, eu  
penso que a tradición non é unha variable imprescindible para facer ben as  
cousas.

Polo tanto non vexo lóxico o que se fai, non entendo que un alcalde que foi  
elixido para representar os intereses dos cidadáns, de todos, lle otorgue a  
esta asociación, ademáis de axudas, cabe supoñer, xa que publicitan ó  
Carballiño, a capacidade de que sexan os únicos que representen o pulpo  
desta vila. No carballiño ai moitos máis pulpeiros ca 20, moitos máis, e  
se non forman parte da asociación a maioría deles e porque ainda que  
quixeran non podían.
Un alcalde non pode estar orgulloso dunha asociación que deixa máis  
pulpeiros fora dela dos que integra, esa é unha posición tendenciosa, que  
non representa o que se supón dun alcalde de todos.
Un alcalde non pode decir que coa creación desta asociación se apoia os  
pulpeiros e pulpeiras do Carballiño, porque o que realmente se fai e apoyar  
a uns poucos (os cales non o necesitan) e perxudicar a outros moitos, os que  
máis apoio necesitarían, que acaban de empezar, ou levan pouco tempo na  
profesión e teñen moitas máis dificultades, nun gremio xa de por si  
difícil.

Non considero xusto que un pulpeiro que leva 4, 8, 10 ou 15 anos na  
profesión, non poda levar un rótulo no seu paraugas que indique que é un  
pulpeiro do Carballiño, un logotipo identificativo que indique que pertence  
a unha asociación de pulpeiros do Carballiño, polo mero feito de que ainda  
non leva 20 anos na profesión. Non me parece “ético” paréceme  
excluinte, e un Alcalde non debe apoiar a unha asociación excluinte.

Unha humilde opinión.

                                  

Comentarios

SEÑOR@S, ¿DE QUÉ HABLAMOS? EN

SEÑOR@S, ¿DE QUÉ HABLAMOS? EN ESPAÑA NO SOMOS TODOS TOREROS, NI EN OURENSE TODOS PARAGÜEROS , NI EN ARCOS TODOS PULPEIROS ,Y MUCHO MENOS EN O CARBALLIÑO , DONDE SE HA CREADO LA ASOCIACIÓN “PULPEIROS DE O CARBALLIÑO –ARCOS – OURENSE”,COMPUESTA POR LOS PROFESIONALES DE ESTE RAMO Y QUE,NI ES UNA ASOCIACIÓN CULTURAL , NI DE VECINOS , NI NADA PARECIDO , SI NO,UNA ASOCIACIÓN EMPRESARIAL DE PROFESIONALES AUTÓNOMOS A LA QUE PODRÁN ACCEDER TODOS CUANTOS VECINOS DE O CARBALLIÑO REÚNAN LOS REQUISITOS FISCALES QUE HAY QUE CUMPLIR PARA ENTRAR A FORMAR PARTE DE ELLA Y ASÍ LO QUIERAN ,(OTRA COSA ES QUE NO PUEDAN…). LO QUE PARECE ES Q A ALGUIEN LE HA MOLESTADO QUE SE CREARA ESTA ASOCIACIÓN. PORQUE ESTÁ CLARO QUE ALGUIEN ANÓNIMAMENTE INTENTA “BOICOTEARLA”. ¿CON QUE FIN?, QUIÉN Y QUÉ ES LO QUE LE MOLESTA O ESTORBA? POR Q ES SABIDO Q EL QUE SE PICA ES QUE… ESTA ASOCIACIÓN A SU VEZ HA CREADO UNA MARCA DE “TRADICIÓN”, LA CUAL HAN REGISTRADO Y COSTEADO ÍNTEGRAMENTE DE SU BOLSILLO GRACIAS A SU TIEMPO Y ESFUERZOS. Y LA HAN REGISTRADO CON “TODAS LAS DE LA LEY” PORQUE ESTÁN LEGITIMADOS POR LA HISTORIA. HISTORIA ESCRITA Y RECOGIDA EN LOS LIBROS. SUS ANTEPASADOS ENGENDRARON UN OFICIO QUE LUEGO SE FUE ESTABLECIENDO E INSTITUYENDO. SU HABER ESTÁ RECOGIDO Y CENSADO DESDE EL “1740” EN QUE FIGURA EL PRIMER CENSO DE LA COMARCA, Y SUS APELLIDOS Y ÁRBOLES GENEALÓGICOS SE TRANSMITEN DE PADRES A HIJOS DESDE AQUELLOS PRIMEROS PULPEIROS QUE APARECIERON EN EL BARRIO DE RAPARÍZ Y A LOS Q SE FUERON SUMANDO OTROS APELLIDOS Y FAMILIAS A LO LARGO DE LOS AÑOS, DÉCADAS Y SIGLOS. ESO ES TRADICIÓN. PERO HAY QUIEN NO SABE Q ES ESO DE TRADICIÓN. PUES AHÍ VA: TRADICIÓN SEGÚN LA R.A.E.: DOCTRINA, COSTUMBRE, SABER, QUE SE CONSERVA EN UN PUEBLO POR TRANSMISIÓN DE PADRES A HIJOS A LO LARGO DE LOS AÑOS, LAS DÉCADAS, DE GENERACIÓN EN GENERACIÓN. TRADICIÓN SEGÚN WIKIPEDIA: ES EL CONJUNTO DE PATRONES CULTURALES QUE UNA O VARIAS GENERACIONES HEREDA DE LAS ANTERIORES Y, USUALMENTE POR ESTIMARLOS VALIOSOS, TRASMITE A LAS SIGUIENTES. UNA MARCA DE TRADICIÓN NO SE PUEDE DAR A QUIEN NO LE PERTENECE .SERÍA UN FRAUDE. UNA COSA ES LA ASOCIACIÓN,QUE CREO ES BASTANTE GENEROSA EN CUANTO A QUE ESTÁ HABIERTA A TODA PERSONA JURÍDICA QUE PUEDA Y QUIERA ENTRAR A FORMAR PARTE Y FAVORECERSE DE TRABAJOS ,OFERTAS DE MERCADO, SUBENCIONES , E INCLUSO PROMOCIONARSE CON SU NOMBRE Y OTRA DISTINTA ES LA “MARCA DE TRADICCIÓN”. TRADICCIÓN DE LA CUAL LOS “PULPEIROS DE ARCOS”ESTÁN MUY ORGULOSOS POR Q ES SU HISTORIA ,LA DE SUS ANTEPASADOS SUS FAMILIAS Y ES SU VIDA. Y ,DE AHÍ ,VIEN LO DE LOS 20 AÑOS PARA OBTENERLA.SI UNA FAMILIA SE DEDICA COMO MEDIO DE VIDA A LA VENTA DE PULPO AMBBULANTE, SUS HIJOS , “A NARICES” VAN A MAMAR EL OFICIO,POR Q EN UNA CASA CON UN TRABAJO TAN DURO Y Q REQUIERE TANTAS HORAS SU PREPARACIÓN TODOS TIENEN Q ARRIMAR EL HOMBRO Y ,EN 20 AÑOS YA VIENE OTRA GENERACIÓN TIRANDO POR EL OFICIO.Y ,QUE ESTO ES ASÍ,NADIE PUEDE DISCUTIRSELO A UN PULPEIRO. Y ESTO ,SEÑOR@ES,ES “TRADICCIÓN”.Y LA DE ESTA GENTE SE GESTÓ EN ARCOS EN EL SENO DE ESTAS FAMILIAS , UN OFICIO AUTOCTONO Y ENXEBRE QUE PUSO A NUESTRO PUEBLO EN EL MAPA,Y Q ESTÁN DISPUESTAS A PROTEGEN Y DEFENDER SI ES QUE NADIE TIENE INCONVENIENTE EN Q ASÍ SEA. ESTA GENTE EN SU VIDA “MOHINANTE” POR EL MUNDO, HAN CONSEGUIDO QUE UN OFICIO ANTES MUCHAS VECES MENOSPRECIADO LLEGARA A SER SÍMBOLO DE CULTURA DE TODA UNA GEOGRAFÍA. SE HAN GANADO LA ADMIRACIÓN Y EL RESPETO DE TODOS POR SU VOCACIÓN DE TRABAJADORES INCANSABLES, SIN DOMINGOS SIN FIESTAS, SIN VER CRECER A SUS HIJOS MUCHAS VECES… SEGURO Q MUCHAS CIUDADES ESTARÍAN ENCANTADAS DE QUE LOS “PULPEIROS DE O CARBALLIÑO ARCOS” LE HUBIERAN PROPUESTO SU COLABORACIÓN, PERO HAN DECIDIDO HACERLO EN UN PRIMER MOMENTO CON EL “CONCELLO DE O CARBALLIÑO”, PORQUE ES SU CIUDAD, Y POR ELLO LE HAN PRESENTADO SUS TRABAJOS Y PROYECTOS A “SU ALCALDE”. PORQUE EL ALCALDE EN FUNCIONES ES ,ESO, EL ALCALDE DE TODOS, EL ALCALDE DE LOS QUE LE VOTARON Y EL DE LOS QUE NO LE VOTARON Y A ÉL LE CORRESPONDE POR SER SU OBLIGACIÓN , ATENDER LAS PROPUESTAS DE SUS VECINOS ,SEAN ESTES PARTICULARES, EMPRESARIOS ,ASOCIACIONES U OTRAS ENTIDADES. Y SEGURO Q EL ALCALDE ATENDERÁ ENCANTADO A TODO VECINO Q LE PRESENTE SUS PROPUESTAS. ENTONCES…¿CUÁL ES EL PROBLEMA? ,¿QUÉ TANTO BARULLO?, EL QUE QUIERA Y PUEDA TIENE ACCESO A FORMAR PARTE DE LA ASOCIACIÓN. Y LA MARCA DE TRADICIÓN, EL QUE LA TENGA ES POR DERECHO Y EL QUE NO… A MÍ...PERSONALMENTE MAS Q A UNA FAMILIA DE PULPEIROS, ME GUSTARÍA PERTENECER A LA CASA DE ALBA, Y ENTRAR EN EL REPARTO DE SUS PAZOS Y TIERRAS PERO…POR MUCHO Q VAYA AL MINISTERIO PATALEANDO QUE SOY ESPAÑOL Y QUE QUIERO TENER UN APELLIDO “GRANDE DE ESPAÑA” PUES VA SER Q NO ME LO VAN A CONCEDER. ¿Y QUE PASA CON LOS PULPEIROS?, ¿ ACASO SUS APELLIDOS NO VALEN TANTO COMO CUALQUIER “GRANDE”?.DESPUÉS DE SIGLOS CONTRIBUYENDO AL COMERCIO Y PATROCINIO DE LA COMARCA. HASTA AHORA “CUALQUIERA” PODÍA DECIR Q ERA PULPEIRO Y Q PERTENECÍA A UNA FAMILIA CON SOLERA EN EL OFICIO. PERO YA NO, SE LE HA ACABADO EL CHOLLO A LOS USURPADORES Y FRAUDULENTOS. HAY QUE DEMOSTRARLO. OTRA COSA ES QUE “VENDAN PULPO”, QUE TODO EL MUNDO ESTÁ EN SU DERECHO DE TRABAJAR Y GANARSE LA VIDA HONRADAMENTE PERO SIN ESTAFAR NI FALSEAR A NADIE. Y TAL Y COMO ESTÁ EL PATIO DÉJENSE DE TONTERÍAS SEÑOR@S.Y DE “BOICOTS”. QUE NO SE QUÉ EXTRAÑAS Y OCULTAS RAZONES TIENEN LOS QUE LO HACEN. POR FAVOR, DEJEN A LA GENTE VIVIR Y TRABAJAR EN PAZ. SOBRE TODO A LOS QUE LUCHAN Y TRABAJAN POR EL BIENESTAR DE TODO UN PUEBLO COMO HAN HECHO DURANTE SIGLOS ,TRABAJANDO DURO ,HAGA SOL ,LLUEVA O NIEVE. ¿O ACASO EL BOI8COT ENO ES CONTRA LOS PULPEIROS?, ¿ACASO ES CONTR TODO EL PUEBLO DE O CARBALLIÑO????????

Penso que casi todo o que dis

Penso que casi todo o que dis é rigurosamente certo, ou polo menos eu comparto a tua opinión. Excepto nos últimos párrafos. Cando identificas un alcalde coa asociación estás cometendo un erro de bulto. Déixame intentar explicarme. Unha asociación, é unha entidade de dereito privado, na que os asociados ríxense por uns estatutos, que poden incluir barreiras de entrada, e o que lles veña en gana (sempre que non contraveña as leis). Pode que teñas razón e dita asociación quera distinguirse da competencia que non leva 20 anos. Pola outra banda, o alcalde, como representante dunha entidade de dereito público, o único que está facendo e apoiar esta entidade. O cal lexos de ser cuestionable, a min paréceme digno de eloxio. O que teñen que facer o resto dos pulpeiros se pensan que lles vai perxudicar esta asociación, é constituir outra asociación, e abrigarse baixo o seu propio distintivo que pode ser asociación do pulpo do Carballiño (é un exemplo porque a de pulpeiros estará no rexistro de asociacións e non se poderá escoller). Se o alcalde non apoia a nova asociación, sí que estará incurrindo nun agravio comparativo. Pero de momento o único que está facendo é apoiar unha asociación constituída. E o alcalde non é o promotor nin o fundador desta asociación. Todo o mundo ten direito a asociarse (é un dereito fundamental) e tamén ten direito a que as institucións públicas os apoien. Unha aperta.

Estou totalmente de acordo.

Estou totalmente de acordo. Eu o que pretendía decir e que é unha pena que cando se crea unha asociación de pulpeiros non podan estar integrados nela todos os que exercen esta profesión no Carballiño. O alcalde claro que non é o promotor nin o fundador, pero na miña opinión, cando apoia esta asociación, ou, xa que a apoia, podía tentar, dalgunha maneira, que fose un pouco máis representativa. Non pode decir " con esta asociación se distinguirá nuestro pulpo del resto", porque él supoño que sabe que ai máis pulpeiros ca 20 que fan o "noso" pulpo. E que no Carballiño teña que haber máis dunha asociación de pulpeiros, de verdade, que me parece unha vergonza. Polo tanto o alcalde, penso que como tal podería tentar, antes de apoiar unha asociación discriminatoria, e posto que o pulpo é un emblema para o Carballiño, tentar falar con todo o gremio e poder chegar a un consenso, que xuntase, máis ca dividise. Pero é a miña opinión, e como dixen estou totalmente de acordo co que dis, e no que dis tes toda a razón. Un saúdo

Penso que estades sacando

Penso que estades sacando todo un pouco de contexto; xa que o distintivo non é para os pulpeiros do carballiño, esto ten unha pequena tradición que comenzou ca xente de Arcos, e o que pretenden e ter un logotipo no que se poda distiguir e xente que leva xeneración preparando iste cefalópodo. A asocioción non é do Carballiño ten outra pequena matización, porque está por diante o pobo de Arcos.