Sobre a contratación do persoal para o Centro de Interpretación da Cultura Castrexa

23, Xaneiro 2014

Hoxe atopei ao alcalde de Punxín colocando este aviso, que vos envio na
foto, nas aldeas de Punxín.
Non teño certeza perosupoño que en San Amaro estará acontecendo algo
semellante.
Ante tal feito cabería preguntar aos correspondentes alcaldes un par de
cuestións que a min se me ocorren, sen desbotar as que podades pensar pola
vosa parte:

1.- ¿Qué ten a ver a alcaldía de Punxín e a de San Amaro con os contratos
de persoal que vai levr a cabo esa concesionaria do Centro de
Interpretación castrexa de San Cibrao de Lás.

2.- Se é debido a que a concesionaria debe contratar traballadores destes
concellos apregunta é: ¿Que medidas se están tomando, por parte dos
concellos, para garantizar a igualdade de oportunidades e a transparencia
na selección dos traballadores?. ¿Poderán participar os veciños no
tribunal de selección?, ¿os sindicatos? ¿ a oposición?...

3.- Se nestes concellos se desentenden do asunto e remiten á empresa, a
pregunta é ¿por qué hai que entregar a solicitude no concello?, ¿Por qué o
alcalde de Punxín anduvo colocando os avisos nas aldeas do concello?
¿estáse utilizando este asunto para facer "caciquismo", "vender favores",
"prometer e non dar"?

4.- Sexa unah cousa ou outra, cabe preguntar ¿esixiuse a esta empresa que
contrate aos traballadores en Punxín e San Amaro, como sería o lóxico?,
¿esixiuse que se dea igualdade de oportunidades a tódolos aspirantes ou xa
están as "fabas repartidas"?