Sobre o peche da Biblioteca Municipal

19, Xaneiro 2014

Quería manifesar o meu malestar pola situación de peche permanente no que
se ata actualmente a Biblioteca municipal. O pasado venres 17 xaneiro dixeron
na tertulia que estaba abrindo de mañás, pero están mal informados xa que
dende o pasado martes día 14 de xaneiro xa non volveu a abrir máis, nin de
mañas nin de tardes. E vas a concello a preguntar é dinche que
teóricamente debería haber alí alguén. ¿quén controla isto? E na propia
entrada da biblioteca non hai información de ningún tipo sobre cando
volverá abrir, horarios, etc. A xente está moi cabreada con este asunto.
Dende o seu medio de comunicación pediríalles que fagan o favor de poñerse
en contacto o antes o posible coa concelleira de cultura a este respecto,
porque non só no Carballiño importan as rúas. Arreglan a calefacción
despois de case 3 anos e ahora teñenan pechada.