Sobre os fuegos artificiais da entrada do Parque Municipal

22, Setembro 2023

Boas. Ben se ve que as festas do Setembro van cada ano a menos como así o demostra o feito de que en vez de empezar o 14, como está mandado, que este ano empezaran o día 15. Outra proba da decadencia que experimentaron estas festas son as sesións de fogos artificiais, que este ano se limitaron a un só día cando fai uns anos era costume que houbera tres ou catro sesións de pirotecnia repartidas en tres ou catro días. Penso que unha vila como o Carballiño debería máis que unha soa sesión de fogos artificiais, pois estas dende son uns dos platos fortes das nosas festas patronais. Non sei se esto obedece a un intento de recortar gastos, a un baixo presuposto ou porque a comisión de festas apostou por macroespectáculos como a actuación da Panorama ou unha gran sesión de pirotecnia.

Por outro lado gustaríame saber quen fo i a eminencia que tivo a orixinal idea de que a sesión de fogos artificiais tivera lugar na entrada do parque municipal cousa que é totalmente desaconsellable, posto que se corre o risco de que algún dos foguetes poda prender na vexatación do parque e provocar un incendio forestal neste como así xa ten pasado nalgunha ocasión noutras localidades. Por fortuna a choiva que fixo acto de presencia o día que se botaron os fogos impediu que houbera un incendio no caso de que un foguete mal dirixido ou defectuoso chegara a prender na maleza.