Sobre Protección Civil do Carballiño e a súa financiación

16 Jan 2012

A Agrupación Local do PSdeG-PSOE do Carballiño quere denunciar a última decisión da Xunta de Galicia por deixar sen financiación a Protección Civil e facer cargar cos gastos ó Concello e por tanto a todos os veciños e veciñas da nosa vila, cando aínda de hoxe aínda non foron capaces de resolver a construcción do tan necesario Parque de Bombeiros.
Así, esta agrupación non entende como a Consellería do Rural ignora a actual situación coa que se conta neste Concello en materia de seguridade na loita contra os incendios, unha vez que é responsabilidade da Xunta de Galicia a extinción dos mesmos naquelas poboacións que non sobrepasan dos 20.000 habitantes. Deste xeito, Carballiño deberá orzamentar 40.000 euros das súas arcas cando non lle corresponde, e a Xunta de Galicia desvincúlase da súa obriga como entidade responsable e carga a súa aportación na administración local como xa ven facendo noutro tipo de servicos, se ben, neste caso, estamos a falar dun tema de grande sensibildiade na que Carballiño atópase nunha situación discriminada con respecto a outras comarcas da provincia e resto de Galicia.
A Agrupación Local do PSdeG-PSOE pregúntase pola xestión do alcalde do Carballiño neste tema, onde ven de recibir un golpe por parte dos ¨seus amigos¨que gobernan na Xunta de Galicia. Esta decisión supón, unha vez máis, comprobar o escaso ou nulo peso político que ten o sr. Marnotes en Santiago, unha por ser obrigado a facerse cargo dos gastos de manteñemento de Protección Civil e outra por non ser capaz de acelerar a construcción do Parque de Bombeiros logo de anunciarse hai xa un ano a súa inminente construcción, pero claro, pouco antes das eleccións municipais. Compre lembrar que dende hai dous anos, a Xunta de Galicia pretendeu eliminar por dúas veces a súa financiación a Protección Civil, e só as xestións do anterior alcalde fixeron posible prorrogar estas aportacións ata que se construira o Parque de Bombeiros. As presións realizadas a través da FEGAMP fixeron que a administración autonómica se retractara da súa decisión e obrigaron a que esta cooparticipara conxuntamente coa FEGAMP no manteñemento da estructura de Protección Civil sen que o Concello tivera que aportar nada, baseándose no principio que a responsabilidade recae no ente autonómico. Así, unha vez máis, demóstrase a nula capacidade do alcalde para negociar diante doutros organismos, sendo simplemente un vasalo do seu partido que pasa por defender estes intereses por riba dos do noso Concello.
Por outra banda, a Agrupación Local do PsdeG-PSOE desexa felicitar a Protección Civil pola súa implicación nos labores de seguridade que están a facer, tendo en conta sobre todo as condicións nas que está a traballar. A eliminación da partida dos GRUMIR é un duro pao para este Concello, e delo facemos responsable ó sr. Marnotes que agora deberá quitar 40.000 euros das arcas municipais quitándoos de outro capítulo dos presupostos,


Comentarios

Hoxe non hay parque de

Hoxe non hay parque de bombeiros no carballiño única e exclusivamente por parte de grupo do PP de Galicia, coma sempre, cando gobernaban Galicia po Carballiño "0" €, cando chegou a Xunta o Bipartito, partida presupuestaria para o Carballiño do Parque de Bombeiros, Baltar da para atrás, xa está ben de votar balons fora, non servides para nada pero vendedes de carajo o que nunca fixestes, fora xa ...............mentireiros

incendio magariños

Ya esta bien de que esta emisora este tirando balones fuera en el incendio del edificio Magariños,donde hubo una nefasta actuacion por parte de la clase politica,en su caso por el condejal de seguridad,emilio carballeda y el alcalde argimiro marnotes,donde pocos dias despues fallecio DON EDELMIRO MATEO,el cual no como afirma el alcalde fallecio por complicaciones de salud,mentira y difamacion por parte del alcede,sino como consecuencia de las quemaduras sufridas. primero,a quien se le ocurre decirle a él y a su esposa que bajen desde el septimo piso al foco del fuego cuando en ningin momento el humo pasab del entresuelo,alguien los coordino mal,quien alguien,se sabra, segundo,la ineptitud por parte de los medios de extincion y de la policia ,que no supieron adotar nia coradonar la situacion tercer,los politicos encargados ,falta de liderazgo y de responsabilidad cuarto,precria utilizacion de los medios,no saber conectar la manguera,tarzadanza en la actuacion y venir sin vestor,vestirse en el acto primera ambulancia en llegar,cuarenta minutos mas tarde TODO ESTO LO VIO MOS TODOS EN EL PUEBLO,POR ESO PEDIMOS QUE EL ALCALDE Y EL CONCEJAL ASUMAN RESPONSABILIDADES POLITICAS Y DE OTRO TIPO EDELMIRO MATEO PREDO FUE CONCEJAL DE PROTECCION CIVIL,Y EN DOS INCENDIOS ACTUO DE FORMA EJEMPLAR,CON PERSONALIDAD,ACTITUD Y ASUMIENDO RESPOSABILIDADES,ALGO QUE ESTA VEZ LE COSTO A ÉL SU VIDA,el pueblo pide y pidira justicia y castigo hacia la clase politca y su administracion por esto PUBLIQUEN ESTO Y NO SE ESCONDA ESTE COMENTARIO,LOS VECNOS DEL magriños queremos justicia........ARGIMIRO Y CARBALLEDA,DIMISION YA.......

Quéee ?

No puedo dar crédito a este tipo de comentarios...qué pena que se llegue hasta este extremo.

Aínda se che esquecen un par

Aínda se che esquecen un par de medallas mais........ unha de acordarse agora do parque de bombeiros logo de 16 anos de goberno, permitir a precaria situación do persoal do Grumir que logo de todo este tempo non teñen NADA, mais que a súa vida consumida esperando algo que nunca chego, por idade xa moitos deles non poderán nin optar ao parque de bombeiros...se chega algún día. Agora reclamádeslle a estes o que vós non fostes capaces de facer, de quen vos queredes rir?

de todos

Quérense rir de todos nos, témome... Señores socialistas do carballiño, dezaseis anos pensan demasiado como para seguir enganándonos... Os veciños do carballiño non somos tontos.

No Carballiño non somos

No Carballiño non somos tontos , somos parvos de remate por aturalos 16 anos , a ver que fan agora estes ...