Suxerencias e subvencións

27, Outubro 2022

Dende aquí gustariame facer unha suxerencia o equipo de goberno do Concello do Carballiño, recentemente saliu a resolución das subvencions do PIREP local ( subvencions do ministerio de fomento con fondos da UE )  , sendo con diferencia a provincia de Ourense a que menos recibe, so Maside recibe algo, 77000 euros, algo es algo, dijo un calvo, pero por exemplo Lalín pillou 1,13 M, a pesar de ser de diferente partido, aqui e onde quero facer fincape, e é que o concello debería solicitar cando haxa convocatorias e tentar conseguir financiación para poder facer melloras ben precisas, xa que o remanente pouco lles queda, mais aínda agora que o gasto en electricidade aumenta 175000 euros, sería o momento de tentar conseguir axuda do IDAE como fixeron outros concellos  e mellorar a eficiencia do alumeado público ( na Avenida de Vigo fai tempo que non adoita funcionar ) así coma a eficiencia dos edificios municipais, en especial o pabellón de deportes, así que agora cos fondos europeos e o momento idoneo para loitar por mellorar o Carballiño, ahí o deixo, eu son de mais de propoñer ca de criticar como parece que so saben facer alguns da oposición, con discursions absurdas e polarización nada imos facer, agora e o momento de estar unidos e tirar para adiante todos xuntos.