Un concello sen alcalde

10 Aug 2010
Un concello sen alcalde. Esta é a sensación que temos os veciños de 
Piñor. Antes a moitos molestábanos que nos chamasen Piñor de Cea, pero 
como continúe moito tempo esta personaxe de "alcalde" o que teremos e que 
fusionarnos cos de Cea. Ao tanatorio hai que ir a Cea, ao fútbol hai que ir 
a Cea, ao pavillón hai que ir a Cea, ás piscinas hai que ir a Cea, as 
empresas están en Piñor pero o polígono estase facendo en Cea, en fín, 
non sigo que me abergoño a min mesmo. E por enriba o Sr. Fraga custanos 
1500€ ó mes, un escándalo.

Comentarios

O "señor" Fraga, se é que se

O "señor" Fraga, se é que se lle pode chamar señor cousa que dubido moito por que o de señor quédalle grande, debería ter un mínimo de vergonza e dimitir por que dende que está á fronte do concello os veciños de Piñor temos que aturar as mil e unha falcatrudas que nos fai un día si e outro tamén e así andamos....En fin que se vai esperar dun home que beneficia certas parroquias do concello sobre todo as do sur (e sobre todo a súa), dun home que enfronta os veciños uns contra os outros, un home que se nega a facer un campo de futbol digno no concello, un home que lle pon trabas ós deportistas de Piñor, un home que ten paralizado por completo o tanatorio, un home que non ten vergonza nin palabra cuias promesas non valen un can por que non as cumple e dun home que lle fai perrerías e canalladas as xentes de fora de Piñor que chama para encargarlle traballos e logo as deixa tiradas e que se chupen ó dedo.

o s´. Fraga sabe vender moi

o s´. Fraga sabe vender moi ben o que fai, pero nada máis, gostalle sair na foto sempre para vender crecepelo barato. Por certo, gardería tampouco teñen, veñen a de Cea. Viva Valladares

Piñor

E xa tendes aclarado onde foron parar os cartos que roubaron en metálico no Concello? e como sabían os ladróns que estaban ali? E porque motivo había tanto diñeiro en efectivo no Concello?

A quen lle preguntamos? O Sr.

A quen lle preguntamos? O Sr. Fraga non está nin se lle espera...