Un proxecto ambicioso para o entorno da Veracruz

30 Apr 2010
 En relación as obras que se estan a acometer no entorno da Veracruz,contemplamos os cidadáns como a pesares das xestións realizadas dende o Concello as obras continúan sen que se teña a sensibilidade de parar cautelarmente éstas para dun xeito sereno tentar de evitar un novo "sitiamento" da obra de Palacios.
 Pero eu, modestamente, penso que podemos aproveitar ésta oportunidade e facer da necesidade virtude,xa
que estamos diante da posibidade de facer xusticia co noso templo emblemático e recuperar en certa medida a súa grandiosidade.No seu momento tíñase un compromiso por parte da Xunta de facer unha actuación para recuperar a vistosidade da igrexa mercando a finca que linda coa actual casa onde viven os cregos,a idea contemplaba tamen a retirada deste edificio,ven desmontandoo e repoñelo noutro lugar ou outra formula.Ésta actuación que mesmamente podería ser complementaria da actual, sigñificaría gañar a vista do templo dende
Conde de Vallellano.SE NALGÚN INTRE CONSTRUESE NO SOLAR DESCRITO quedaría ABSOLUTAMENTE "TAPIADA A VERACRUZ"-.
Cando Don Evaristo (en tempos tamen moi dificiles) abordou a construcción do Templo,foi tachado de utópico
pero ahi ésta a súa obra,os/as carballiñeses/as  temos unha débeda con El, con Palacios e co noso
Templo pola desfeita que se fixo no seu entorno  por políticas urbanísticas especulativas irresponsables.
As corporacións municipais chegan a ser recoñecidas ou igñoradas en función dás súas iniciativas,ésta posibilidade marcaría una antes e despois na nosa vila e sen dúbida prestixiaría permanentemente a actual  corporación.
Cumpre facer un replantexamento TOTAL sen presas, onde deben estar implicados a Xunta a traves de Cultura e Patrimonio, Obispado Concello e tecido asociativo e empresarial do Carballiño para entre todos tentar de poñer á Veracruz no lugar que lle corresponde pola súa maxestuosidade.Debemos ser ambiciosos nos retos, característica inherente aos/as carballiñeses cando de iniciativas a prol do seu pobo se trata.Existe un diseño que non ten por que ser éste,sen dúbida ésta inicativa sigñificaria "pagar en certa medida a débeda contraida"
polos desastres  cometidosque non se poden esquencer,pero cumpre mirar   mirar hacia diante e engadir ao Carballiño un novo atractivo e tiron turístico en base a un proxecto integral.
 
 
                                           Xosé Fco. Ferreiro Abelleira  (Chema)
                                                     DNI.- 32397278F

Comentarios

Veracruz

Sería unha obra magnífica, da que estaríamos orgullosos . Algo que merece ó que nos deixaron :Palacios, don Evaristo etc, e mais do que nós deixaremos ás xeneracions vindeiras. Lémbrome cando éramos rapaces cando vindo de OURENSE ó chegar a Dacón, viase a VERACRUZ con todo o seu explendor, logo veu a desfeita dos edificios que fixeron enfrente, e agora so vese o cumio, ainda sen rematar.Ampliar todo o que se poda para remedialo, sería case que obrigado. Si de algo estamos orgullosos os carballiñeses e do parque e mais da Igresia da Veracruz. Adiante ca proposta.

Pois a min tamén me parece un

Pois a min tamén me parece un proxecto magnífico e aínda que ambicioso, creo que realizable se realmente houbese vontade política por parte de todos, e digo e recalco por parte de todos. Pero non é nin moito menos unha idea utópica.

MURO TERRIBLE

O QUE HAI QUE TER É SOAMENTE UN POUQUIÑO DE SENTIDIÑO DA ESTÉTICA PARA DARSE CONTA DE QUE ESE MURO É MATADOR, ¿PORQUÉ OS CARBALLIÑESES CALAMOS TANTO E DEIXAMOS QUE SEXA O POBO DA TRAPALLADA?. O BO DESTRUESE, NON SE RESPETA NADA, NON HAI UNHA POSTA EN VALOR DIGNA E O QUE SE FAI NOVO NON TEN XEITO. QUÉ DESIDIA. DE VERDADE QUE O TEMA É DE ESTUDIO...

Praza da Veracruz

Querido Chema, Canta razón tés criticando a desfeita que se está a levar a cabo na construcción da praza da Veracruz. E ben certo é que existen varias maneiras de embelecer e resaltar a igrexa da Veracruz, e non é o plantexamento actual unha delas. Sen embargo non estou dacordo contigo cando dis que, o pobo do Carballiño é ambicioso nos retos, non é asi, e todo o que nos rodea debería amosarcho. De selo, non permitiriamos o desastre que día a día avanza nesa praza, non permitiriamos que unha corporación municipal, medrosa de afrontar o futuro, gobernase o noso presente. A rendabilidade política está neste caso moi mal entendida e dende logo atopase moi por riba dos intereses dun pobo. Esta corporación municipal, ainda non se percatou que, un replantexamento en tempo, é para O Carballiño, un futuro prometedor. Aqui todo se está a medir a 10-11 meses vista, cando nos "metings" poidan decir aquelo de "Fixemos, conseguimos, logramos facer a gran obra para O Carballiño da última década". Pero sabes Chema, está todo perfecto, porque si este pobo, os seus veciños tiveran sangre nas veas, eles mesmos houberan provocado a paralización do desastre, e obrigado ao Grupo de Goberno a tomar unha decisión velente ademais de lóxica e necesaria, non é así. Despois quedarán os lamentos, a vergonza unha vez máis de haber permitido a construción dunha m....... E volveremos a falar, do pago dunha débeda. Unha aperta.

ESCOITEMOS Á FAMILIA OTERO: MURO DA VERACRUZ

A débeda a temos cos fillos e os netos de D. Adolfo Otero, o constructor que seguiu maxistralmente os planos de Palacios despois da súa morte, logrando presentar o magnífico templo da Veracruz tal como fora concebido polo gran arquitecto. Pois o menos que podemos facer agora sería escoitar e respetar a valiosa opinión técnica deses descendentes: fillos constructores, neto arquitecto, neto historiador, moita sensibilidade e sabiduría. ¡Derribádenos prontiño ese muro, por favor! Uns fillos do Carballiño