Voces ao vento

27, Marzo 2010

Quero xunguirme a voz unisona do pobo de Carballiño en canto a tan deseada e polémica obra que se está a executar na praza da Vera Cruz na que se acomete un despropósito de dimensions tan abultadas que remexe as tripas o contemplala por moi boa intención  con que o autor ou autores a redactasen e os responsables do Concello a aceptaran. Trátase pois do muro  que separa a dita praza da rua Evariso Baamonde, ( coñecido xa co nome de "muro da discordia") tal  esaxerada altura  impide a perspectiva completa da obra do Templo tal e como o concibiu o autor Antonio Palacios.¿ Non habería alternativas a iste proxecto? Eu son lego en arquitectura pero estou seguro que hai algunhas e  sen espremer moito os miolos.
 . Non teño dúbida das boas intencións,como dixen antes,dos autores e responsables locales pero como dí o escritor ingles Oscar Wilde "As piores obras son as que están sempre feitas  cas mellores intencions"  Necesítase pois,algo mais cas boas intencions  para levar a cabo un proxecto coma o que nos ocupa. Penso que os responsables deben reflesionar sobre o tema, oir a voz do pobo e rectificar .Pódese axeitar  o proxecto o  conxunto arquitectónico da obra de Palacios  de maneira que forme parte do mesmo sen atentar tan de fronte contra o monumento colocándolle un esperpento dese grosor que asombra o sentido comun e a sensibilidade mais adormiñada.   Valle Inclan quedóuse curto  no que atinxe o esperpento  pois niste caso está superado. Vintetantos anos esperando os carballiñeses con tantos  tira y afloxas para o fin atoparnos con uhna obra que non gusta a ninguen incluido un dos principales responsables que manifestou recentemente  en certo medio de comunicación que "a min tampouco me gusta pero..." ¡ Señor concelleiro,para mais señas, senon lles gusta a vostedes tamen ¿ por qué a auatorizan? ¿ ou acaso está imposta por alguen? Lembradebos daquel dito: ¡ aquel que quere e non pode usar a sua vontade,no fai falla que o enterren que ben enterrado está !  ¿Non será iste o caso?
    Estades a tempo de rectificar po-lo contrario seredes responsables ante a historia  e ante os carballiñeses do que facedes i o que deixades de facer. Pensade que "no é mais importante o que non cae senón o que cae e se levanta. ! animo ¡ . Un Carballiñés.