Denuncias

Queixanse os de Boborás que teñen que agardar 3 días para ir ao médico. Pois no Carballiño de 9 días non baixa e para que por encima te atenda un médico que nin sequera é o teu. Así está a sanidade na comarca.
Agora no centro de saude en Boboras non hai citas ata o venres, canto sempre houbo dun día para outro, ahora son 4 días no futuro serán 5,6,7 ou o que toque, dende logo as cousas non están nada ben, ou a pinta polo menos boa non e, pode ese facer edificios espectaculares coma en Lalin pero se non te atienden de pouco vale.
O pasado 24 de Xuño saia a noticia na "Región" na que se falaba da reforma do antigo colexio do noso concello por 225.000 euros achegados por parte do goberno central. Ahí aparecia o noso ilustrisimo alcalde e o subdelegado do goberno en Ourense que se ía cambiar a cuberta, carpinterías, eficiencia enerxéticas.... e demáis.
Como información adicional, o tramo entre a rotonta da Fontela e a rotondilla do Alcampo estaba mal iluminado, sin señalización correcta de obras, nin se advierte que o tramo está sen pintar, e a sinalización vertical sen colocar.
O da rotonda do Alcampo víase vir. Pero non é algo novo no Carballiño. Estamos a costumados a facer ou mandar facer cousas fora da lei e despois toca indemnizar. É non hai máis porque a xente non denuncia. Esa nova rotonda é ilegal a todas luces e non cumpre as medidas mínimas de diámetro estipulado para rotondas dun carril. Igual que tampouco  cumpre as medidas mínimas a rotonda da alameda.
Ao enxeñeiro que proxectou semellante cousa debeulle quedar a cabeza ben descansada. É que nin centrada quedou. Ademais non sirve para que os autobuses e camions maniobren e den a volta. Os do equipo de goberno non din nada. Como puideron aceptar tal cousa. Todos caladiños.
Estamos en Febreiro, tempo de sobra , antes de que chegue a voragine terracera, de poñer orden .  Numero de mesas, donde si, donde non, frenar abusos, que o peaton poida moverse, e os hosteleiro non pelear entre eles.  E decir o concello ten esa responsabilidade e tempo para facelo agora. Non vir no veran co "po ano, 
Pola rua Caravel non se deberia pasar con coches agas os que vivimos no barrio para aparcar, a empresa que colocou dito pavimento xa o deixou claro non esta feito para circulacion de vehiculos por eso rompen todas e os veciños non durmimos co ruido das pedras.E gastou o Concello mais 150.000 € en algo que xa da pena ver, o fin de semana o concello puxo unhas sinales de prohibido o paso pero tod
hai que saber de que se fala... ou e que o de ser mentirosos e contaxioso no irixo... o viernes non se celebrou ningun xuizo, enterate ben e despois fala que de mentiras xa chegan ben as da alcaldesa ben destituida... menos mal q non se che deu por decir que tiñas tu tamen unha sentencia favorable... menuda tropa de mentirans e manipuladores da xente.... 
Non calamos, simplemente somos respectuosos co proceso xudicial iniciado unilateralmente por dona Susana (non polo seu partido) Un saúdo dende O Irixo aos veciños do Irixo

Deportes

Nin os máis vellos en Espiñedo recordan ver nove goles nun mesmo partido, asi de imprevisible e tolo é o fútbol, o Arenteiro goleou ao Real Avilés con "hack trick" de Mingo, e outros tres auténticos golazos de Ferreiro, Bastida e Chuca.
Cando a afección do Arenteiro xa saboreaba un triunfo que sería máis que merecido, unha desafortunada acción en defensa no m. 92 na que o mal estado do terreo de xogo tivo moita culpa, privou ao verdes do triunfo ante os xóvenes cachorros do Atletic Club.

Páxinas