Deportes

O pavillón anexo Paco Chao será sede os días 22 e 23 de maio da I Fase de Niveis de libre do 1 ó 3 de patinaxe artística que organiza o Club Aehde O Carballiño conxuntamente ca Federación Galega de Patinaxe no que se darán cita 230 patinadoras e patinadores pertencentes a 28 clubs ás provincias de Ourense en Pontevedra.
Unha tempada involvidable que o Arenteiro despedíu cunha nova victoria (1-0) ante o Bergantiños, proclamándose por vez primeira vez campión da terceira división, e logrando a triple coroa: título de campión absoluto, ascenso á segunda  RFEF e clasificandose para xogar a Copa do Rei na próxima tempada.
O partido que decidirá o campión da terceira división será este Domingo día 9 ás 17,00 horas no municipal de Espiñedo, no que é a última xornada do Arenteiro nesta histórica tempada na que os verdes conseguiron o ascenso de categoria.
Os verdes volveron estar a un gran nivel futbolístico e sobre a alfombra do Anxo Carro gañaron un partido cun marcador que pudo ser bastante máis amplo do 1-2 co que rematou o partido.
Tarde memorable para a afección arenteirista, palpábase no ambiente con antelación, dende unha hora antes de comezar o partido a grada de Espiñedo estaba xa co aforo cuberto, finalmente unhas 200 persoas quedáronse sen poder entrar ao Estadio debido a que o aforo Covid é de 500 persoas.
O Arenteiro enfrontouse a un efectivo Bergantiños, que non foi mellor, pero que transformou en gol as súas ocasións, dúas delas en concesións defensivas dos verdes e a outra un regalo en forma de penalti que lles fixo aos de Carballo o colexiado Gonzálo Villanueva.
Un gol de penalti transformado por Renan Zanelli valeu ao Arenteiro para doblegar aos lucenses e deixalos a 8 puntos de diferencia na loita polo ascenso directo á Segunda RFEF, un triunfo clave nas aspiracións dos verdes cando restan 4 partidos para completar esta segunda e decisiva fase na terceira división.
O partido está fixado para as cinco da tarde deste sábado dia 10 de Abril, correspondente á segunda xornada de terceira división da fase de ascenso directo á 2ª división RFEF, e enfrontará en Espiñedo a Arenteiro e Lugo B-Polvorín, con aforo reducido a 500 espectadores e coas cámaras en directo da G2.
O Arenteiro viaxaba para iniciar a segunda fase da competición no grupo do ascenso directo á 2ª RFEF ao campo do equipo máximo realizador entre os 24 do grupo 1 da terceira división, O Somozas, un equipo de marcada vocación ofensiva e plagado de bos xogadores con moita experiencia tanto en Segunda B como en Terceira, pero o Arenteiro non lle concedeu opcións en 95 minutos de partido, tras unha
O sorteo celebrado na RFGF quixo que o Arenteiro inicie a fase de ascenso directo á 2ª RFEF en Ferrol Terra, no campo Manuel Candocia de As Somozas, onde xogará ante os locatarios o primeiro dos seis partidos desta segunda fase da competición, o proximo domingo dia 4 de Abril.

Páxinas