Deportes

Os verdes lograron ante o Alertanavia vigués unha ampla victoria con goles de Dani Vázquez, Ocampo, Marcos Sotelo e Brais. A nota negativa do partido foi a lesión do xogador visitante Jonathan ao sufrir un golpe na cabeza nun percance do propio xogo, foi trasladado en ambulancia ao centro de urxencias de atención da Mutualidade de Futbolístas en Ourense, Semecor.
O Centro de Deportes Barco, que levaba cinco victorias nos útlimos cinco partidos, viuse sorprendido no seu campo de Calabagueiros por un Arenteiro que xogou un partido moi serio e que ademáis tivo que afrontar con 10 xogadores nos útlimos 14 minutos por expulsión de Pana. O árbitro prolongou o encontro ata o minuto 97, pero desta vez o Arenteiro soubo amarrar os tres puntos.
Os verdes prolongan a serie negativa de resultados dos útlimos partidos e suman unha nova derrota, desta vez en Espiñedo e ante un dos equipos cos que teóricamente vai competir na loita pola pernamencia como é o Mondaríz CF.
0-0 ao descanso e 2-1 ao final do partido. Igual que nas anteriores saídas a Valadares e Gondomar, desta vez en Vilalonga o Arenteiro encaixaba o gol da derrota no tempo de desconto, no minuto 96, tanto nadar e nadar para morrer na beira. 
O Portonovo, oito victorias en oito partidos, é máis líder despois do seu paso por Espiñedo, que volveu presentar unha magnífica entrada nun partido de preferente, con máis de 600 afeccionados nas gradas. O Arenteiro foi desta vez víctima dos seus erros defensivos, dos que se aproveitou un Portonovo que encaixou en Espiñedo 2 goles, tantos como nos sete partidos anteriores.
A viguesa Elena Casal condicionou o partido, e moi probablemente tamén o resultado, cunha arbitraxe que perxudicou gravemente ao Arenteiro. Cargou de tarxetas aos carballiñeses, deixou sen motivo ao Arenteiro con 10 xogadores no campo dende o minuto 53 por doble amarela a M.
Noutro partido máis demostrase que ata o rabo todo é touro. Do 2-0 do Arenteiro sobre o Pontellas no minuto 90, pasamos ao 3-1 final no marcador, con dous goles no tempo de desconto, un para cada equipo. Segunda victoria consecutiva dos verdes en Espiñedo na preferente autonómica.
Igual que o domingo anterior en Valadares, tamén en Gondomar, o Arenteiro volvía perder o partido co tempo cumplido. Coas táboas no marcador, Quiroga enviou un balón ao longueiro.
Un gol no tempo de desconto derrotou ao Arenteiro inmerecidamente, xa que os carballiñeses  -antes o meta local rexeitara un penalti lanzado por Ocampo-xogaron acaso o partido máis serio do que vai de campionato no campo da Gándara de Valadares, que rexistrou unha boa entrada con seguidores verdes na grada. Tamén presenciou o partido o alcalde de Vigo, Abel Caballero.
Os verdes consiguen sumar a segunda victoria consecutiva no campionato de liga da preferente. Curiosamente, o Arenteiro impuxose ao rival tras quedarse con 10 xogadores no terreo de xogo pola expulsión de Dani Arbo, aos 10 minutos da segunda parte, tras unha polémica xogada na que o defensor local viu a segunda tarxeta amarela.

Páxinas