A Xunta non se acorda do Carballiño

10, Outubro 2013

O día 8 de outubro vexo en distintos medios de comunicación que a
Conselleira de Benestar firma co alcalde de Leiro un convenio mediante o cal
e cun investimento dun millón de euros, repartidos en catro anualidades
será construido un centro de día que dara cobertura a 58 usuarios.
Salvo erro ou omisión non vin na páxina web da COPE referencia a esta
noticia. É posible que se fixese eco no programa diario ( por razóns
laborales non podo escoitalo )
En todo caso parabéns o alcalde , veciños e veciñas de Leiro xa que é
unha moi boa noticia.
O que si é sorprendente que a Xunta do PP decida facelo en Leiro, e non en
Carballiño que é cabeceira de comarca e ten moita máis poboación que
Leiro.
De todo esto quito dúas conclusións:
a) O PP de Carballiño conta moi pouco para Xunta de Galicia, e o alcalde
aínda menos ( eu creo que lle están cobrando facturas atrasadas). Non
esquezamos que Argimiro Marnotes implicouse a fondo na defensa dos intereses
da familia Baltar ( pai e fillo ), e non hai máis que ver as inversión da
Xunta en Carballiño nestes dous anos. Comparade cos concellos do entorno e
veredes que non hai puntada sin fio. A Carballiño “nin auga”
b) A política de Benestar da Xunta do PP é pura propaganda. Teñen una
residencia de maiores no Cornuval en Carballiño, rematada fai 3 anos é son
incapaces de abrila. Esa inversión de un millón de euros podían adicala a
outras necesidades, porqué bastaría con que utilizarán un 10% da
residencia do Cornuval para ubicar alí o centro de día.

En fín, temos os políticos que nos merecemos. Bo día.