Un morto e un ferido grave nun accidente de tráfico en Leiro
Un home de 33 anos de idade faleceu esta pasada madrugada en accidente de tráfico, que se rexistrou na estrada OU-209, no Concello de Leiro, a altura da graveira desta localidade, na vella estrada entre Leiro e Vieite. A víctima mortal do sinistro é Rubén Hermida Isla, veciño de Leiro, que faleceu cando era trasladado ó complexo sanitario de Ourense. O accidente produciuse pola saída da via do vehículo, que foi chocar contra unha árbore. No automóbil sinistrado viaxaba unha segunda persoa, un veciño de Ribadavia de 42 anos, que foi trasladado ó CHOU, ónde quedou ingresado. O seu estado é grave.