Accidentado inicio de aninovo: arde por completo unha casa de dúas plantas en Amiudal-Avión, sen danos para as persoas. No Carballiño, pelexas e altercados coas forzas da orde pública sáldanse cun detido.
O aninovo de 2024 deixanos un comezo bastante accidentado, cun incendio que destruíu unha casa no municipio de Avión, mentres que no Carballiño un home de 43 anos foi detido tras enfrontarse a axentes da Policia Local e Garda Civil.
Os medios de extinción desprazados ata o incendio declarado nunha casa na localidade de Amiudal, no concello de Avión, lograron evitar que as lapas se propagaran a outras edificacións lindeiras. Con todo, indicaron que ardeu a casa por completo, a primeira, a segunda planta e o tellado. Nada mais recibir a chamada dun particular, dez minutos despois das cinco desta tarde, que informaba de ver saír fume pola parte de arriba da casa , o 112 Galicia avisou decontado aos Bombeiros do Carballiño e aos membros do GES de Avión.
Ademais foron informados os axentes da Garda Civil e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Co lume controlado, os traballos dos bombeiros continuaron ata primeira hora da noite, arrefriando a zona. Segundo informaban ao 112 Galicia non houbo máis edificacións afectadas, iso si, confirmaron que ardera a primeira, a segunda planta e o tellado da edificación. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.
No Carballiño, esta pasada noitevella o 112 alertou as Forzas de Seguridade dun altercado entre persoas na rúa O Irixo, polo que ata o lugar desprazaronse dúas patrullas da Policia Local e Garda Civil, cando chegaron os axentes encontráronse cunha discusión na que unha persoa acusaba de agresión a outra, polo que pedíu presentar unha denuncia, nese momento unha segunda persoa intentou agredir aos axentes alí presentes, dous da Policia Local e dous da Garda Civil. Tras conseguir reducilo despóis de ofrecer resistencia, foi detido á espera de pasar a disposición xudicial.