A Policia Local protagoniza unha persecución "A Todo Gas" sobre o conductor dun vehículo que superou os 100 K/h polas rúas do Carballiño
O mundo do cinema ten un xénero dedicado á gasolina, os disparos e os coches. Seguramente que na historia do cine encontrarémos centos de películas que se axustan a esta definición, e mesmo teñen o seu público, sobre todo entre os amantes do automobilismo.
Unha das últimas intervencións mediáticas da Policia Local do Carballiño podería enmarcarse neste xénero cinematográfico, con persecución incluída a un conductor que desafiando as ordes dos axentes tratou de fuxir deles poñendo o velocímetro a máis de 100 k/h.
Según o propio relato da Policia Local do Carballiño "sendo as 12:15 horas do sábado dia 6 de xaneiro, na rúa Conde Vallellano, unha patrulla da Policia Local observa un varón que carece de permiso de conducir. A patrulla procede a ordenarlle que se detivese facendo uso das sinais acústicas e luminosas, pero en lugar de deterse comezou a fuxida a gran velocidade polas rúas do Carballiño".
No mesmo atestado da policia carballiñesa figura que o conductor obxeto da persecución policial chegou a superar os 100 K/h. A patrulla advertíu aos outros usuarios das rúas do perigo coas súas sirenas, recabando o apoio tanto da Garda Civil do Carballiño como da Garda Civil de Tráfico.
No seu relato, a Policia Local asegura que durante a persecución "sucedéronse as situacións de perigo, sendo finalmente alcanzado na localidade de Anllo, xa no concello de San Amaro, procedendose a súa detención por un delito contra a seguridade vial, sendo proposto a maiores para dúas sancións administrativas por conducción temeraria e conducir sen cinto de seguridade. O conductor detido é veciño do concello de Leiro, A.P.D., de 22 anos de idade.