AS CONTAS DOS DÍAS PARA O MÉDICO EN BOBORÁS

11, Abril 2025

Nas dúas últimas denuncias, fálase dos días que hai que espear para coller unha cita no médico no centro de saúde en Boborás. En ambos casos, a demagoxia campa ampliamente, seguro que non de xeito intencionado. 

- A última denuncia conta que hai que agardar 11 días para ir ao médico. O día 10 de abril, danlle cita para o 21. Para contar os días que tardan en dar unha cita, o honesto será contar os días que o centro de saúde está aberto e ese médico ten por tanto axenda con citas. Se o contamos ben, pasamos de decir que a cita tarda 11 días a decir que tarda 5, xa que no medio hai 2 fines de semana e 2 días festivos de semana santa (sábado e domingo 12 e 13, xoves e venres santo 17 e 18, e sábado e domingo 19 e 20). Esta persona non minte, son 11 días, pero manipula, porque non son 11 días sen cita. 

-Na denuncia anterior, o patrón é o mesmo. O 10 de abril di que ten que esperar 6 días para unha cita ( o mércores 16 de abril), pasando tamén por alto que non son 6, son 4, xa que hai un fin de semana polo medio. 

Ninguén discute que o ideal sería ter cita ao día seguinte, que sería mellorable. Pero con medias verdades e manipulacións non imos a ningún lado e non se tomarán en serio as protestas, porque se desmontan solas. Se o venres pido cita e non me dan ata o luns (que en realidade é o día seguinte), digo que hai que esperar 3 días para ir ao médico?

Un chisco de seriedade e rigor.