A CEO presentou no Carballiño "Exportou", unha Plataforma creada para contribuir á internalización e sustentabilidade das empresas da provincia

A CEO presentou nas instalacións de Frigoríficos Arcos, no parque empresarial do Carballiño, unha nova etapa do programa exportou 2025, un ambicioso ecosistema que reforza o seu compromiso coa internacionalización, a sustentabilidade e a transformación dixital das empresas da provincia.
O acto tivo lugar na sede dunha empresa familiar que participou nas actividades e programas desta iniciativa desde a súa creación en 2017, e que destacou pola súa traxectoria e compromiso coas súas orixes, ata alcanzar hoxe, desde as súas instalacións no polígono A Uceira, unha posición de liderado no seu sector.
Pepe Casto-Gil, tenente alcalde do Carballiño, foi o encargado de dar a benvida á visita, acompañado do concelleiro de Industria e Promoción Económica do cocnello carballiñes, José Manuel Dacal, e destacou ‘a importancia que para a economía local ten programas como exportou e exemplos como o da empresa na que estamos’.
Durante a súa intervención, a presidenta da CEO, Marisol Nóvoa, destacou que Exportou "non só evoluciona, senón que se transforma nestes momentos nunha plataforma máis potente e útil, pensada para que ningunha empresa, por pequena que sexa, quede sen aproveitar o seu potencial internacional". Á súa vez, puxo en valor o papel exemplar de Frigoríficos Arcos como unha firma que "demostra que a innovación, a sustentabilidade e a internacionalización poden ir da man con resultados admirables". A presidenta tamén agradeceu o firme respaldo da Deputación de Ourense, destacando a importancia da colaboración público-privada como motor de transformación do tecido empresarial local. “Exportou 2025 é unha aposta polo coñecemento, a tecnoloxía e a cooperación, e consolida o compromiso cun futuro onde as nosas empresas non só estean presentes no mundo, senón que o fagan con voz propia e con impacto positivo”, concluíu.
O presidente da Deputación, Luis Menor, participou tamén nesta presentación, destacando a aposta do goberno provincial por emprendedores como Frigoríficos Arcos, e por facilitar aos empresarios ‘ferramentas para que poidan crecer e internacionalizarse, a pesar das dificultades e trabas para comercializar os seus produtos nun mercado global en constante evolución’, dixo o presidente provincial. #Luis Menor describiu como ‘valente’ proxectos como exportou que actúan fronte ás trabas e aranceis que marcan a actualidade, ademais de ser unha iniciativa ‘útil, competitiva, dixital e innovadora’ que serve para que o tecido empresarial afronte os desafíos do mercado internacional e reforce a súa ‘posición competitiva’.
Pola súa banda, o xerente e socio de Frigoríficos Arcos, Camilo González Atanes, lembrou os inicios da empresa e a substitución xeracional que protagonizaron el e o seu irmán Daniel dunha firma iniciada polo seu pai hai máis de 60 anos, así como o traslado ao polígono A Uceira fai máis dunha década. A súa aposta polo produto, e unha forma que foi pioneira na cocción e o envasado, fixo que conquistasen tanto a canle Horeca como países dos cinco continentes. Na súa intervención agradeceu a participación neste tipo de proxectos e iniciativas da man da CEO para lograr esta apertura ao exterior. Hoxe en día, desde a súa localización na nova nave, pasaron de 2 empregados a máis de 30, e tras visitar feiras nacionais e internacionais posicionáronse desde hai unha década en 20 países de todo o mundo, con Reino Unido como destino máis fiel ao produto que venden. A CEO recoñeceu esta traxectoria co primeiro premio José Manuel Pérez Canle á Exportación.
Exportou naceu en 2017 co obxectivo de facilitar o acceso das empresas de Ourense ao comercio internacional. Nestes oito anos, o proxecto logrou cifras destacables: máis de 300.000 usuarios rexistrados de 41 países e 700.000 visitas á plataforma dixital, máis de 770 encontros comerciais realizados con 312 visitas e 458 encontros comerciais, 58 empresas no directorio internacional ‘Marca Ourense’ con 102 referencias en español, inglés e francés, e a utilización de ferramentas innovadoras como as visitas virtuais 360º.
A edición 2025 vén acompañada de novas iniciativas como exportou>COMEX, exportou>GASTROEVOLUCIÓN e exportou>SOSTIBLE, dirixidas a impulsar a competitividade e posicionar os produtos de Ourense no mercado global. O obxectivo marcado nesta etapa é que polo menos 120 empresas benefíciense do programa este ano, e que a sustentabilidade se converta nunha verdadeira vantaxe competitiva.
Ademais, fixáronse outros obxectivos estratéxicos como impulsar a transformación dixital e sostible do tecido empresarial, especialmente das pemes e empresas rurais; ampliar e diversificar a presenza das empresas ourensás en mercados nacionais e internacionais; crear comunidades colaborativas e dinámicas, como a Comunidade exportou>ESG, fomentando a aprendizaxe compartida e as sinerxias intersectoriales.
Tamén se persegue nesta nova traxectoria posicionar os produtos ourensáns na gastronomía contemporánea mediante iniciativas como exportou>GASTROEVOLUCIÓN, fomentar a adopción de prácticas empresariais responsables e sostibles, acompañando ás empresas nos seus procesos de diagnósticos, implementación e comunicación de estratexias ESG e, en definitiva, reforzar o papel de exportou como servizo público avanzado e referente provincial no apoio á internacionalización e a competitividade empresarial, contribuíndo a un tecido económico provincial máis resiliente, innovador e preparado para os desafíos do futuro.