Música, Teatro, Maxia, Cine e Humor, no Maio Cultural do concello do Carballiño. Consulta aquí a programación.

5, Maio 2025

Venres, 9 no Auditorio
ás 20.00 / 22.30 h VOS CINE – “LA RED FANTASMA”
(Cineclub O Carballiño)

Sábado, 10 no Auditorio ás 20.00 h
TEATRO (reaOU - Rede Provincial de Auditorios)
“ESCANDALO´S” de A.C. ESTETA-ESCOLA DE TEATRO DE TABOADELA
Público: apta para tódolos públicos
Entrada: de balde
SINOPSE
Comedia reivindicativa. Despois do funeral da súa nai Escarlata e todos os traballadores do Escándalo´s Club, un cabaret atípico, deberán facer fronte a unha gran débeda se queren salvar o negocio. Sen embargo Valentino intentará por todos os medios separalos para facerse co local onde o seu xefe quere montar unha nova Macro Discoteca. A través de números de maxia, clown, actuacións musicais e drag queens entraremos no Escándalo´s, un lugar que reivindica a liberdade sexual, os corpos non normativos e que rompe con todos os estereotipos da sociedade enviando unha clara mensaxe ao público: "A niña vida é a que eu elixo, a que eu decido para min". Unha verdadeira historia que nos educa sobre a diversidade.

https://www.youtube.com/watch?v=AlPz1JmgjB8

Domingo, 11 no Auditorio ás 19.30 h
CONCERTO CARMELA
Rede de dinamización lingüística
Carmela é un proxecto musical que basea o seu repertorio na música de tradición oral galega, a través do canto e a percusión de man como elementos definitorios. Iniciando o traballo dende informantes e arquivos musicais, o obxectivo do proxecto é trasladar aos palcos a esencia destas melodías acompañadas dunha visión propia e actual, empregando non só criterios estéticos, senón outros vinculados coa análise musical e de contexto da música coa que se traballa, un achegamento que suma a investigación etnomusicolóxica coa interpretación e arranxo musical. Carmela utiliza a tradición como un ente flexible e moldeable que se adapta ao contexto musical actual a través de sons que viaxan dende as percusións ata referencias electrónicas. Un proxecto diferente no seu discurso tanto musical coma extramusical que posiciona a tradición oral e a perspectiva de xénero no centro.
Carmela é a visión musical da tradición oral de Carme López, proxecto que nace no 2022 subíndose aos palcos con diferentes propostas escénicas, e editando en novembro de 2024 o seu primeiro álbum: Vinde todas (editado coa discográfica Microscopi). A presentación deste disco confórmase cun directo en formato trío.
Carme López voz e percusións
Camille Hedouin electrónica e voces
Sara Méndez saxofón
https://www.youtube.com/watch?v=xgCD-daHSWI
https://youtu.be/lvAAwhFo7Io

Luns, 12 no Auditorio Manuel Manuel
ás 18.00 h RECITAL FIN DE GRAO do CMUS

Martes, 13 no Auditorio
ás 10.30 h e ás 12.00 h CAXOTO - UNHA NOITE NO MUÍÑO... (Servizo de Normalización Lingüística)
Público: 3º e 4º de EP
Duración: 60 min.
Sinopse: Se unha tradición temos clara na nosa cultura é que non se remata ningún gran traballo sen celebralo por todo o alto. As vendimas, os fiandóns, a colleitas e sementes, a malla, ir ao muíño moer... eran traballos que conxugaban ao remate da xornada baile, música e festa rachada.
Neste espectáculo Caxoto fai un percorrido po esas tradicións cóntannos como se divertían as nosas avoas e avós e converte o escenario nun local de baile improvisado onde pasodobre, ... ao son dos nosos instrumentos: gaita, pandeireta, acordeón,... e quen sabe?... cun pouco de sorte incluso aprendamos a bailar unha sinxela muiñeira.

Venres, 16 (lugar e hora pendente de confirmar)
ACTUACIÓN DE PANDERETEIRAS – AS RISCADEIRAS DO CENTRO SOCIOCOMUNITARIO

Venres, 16 no Auditorio
ás 20.00 / 22.30 h VOS CINE – “PARTHENOPE”
(Cineclub O Carballiño)

Domingo, 18 no Auditorio ñas 18 h
TEATRO INFANTIL – COMEDIA (RGTA)
“Máis Saaabor!” de CULTURACTIVA
Público: infantil e familiar
Entrada: 3,50 €
Sinopse: Logo de 200 funcións con Saaabor! chega unha nova proposta cómica dirixida por Avelino González e protagonizada por Félix Rodríguez e Fran Rei sobre o mundo da gastronomía e a alimentación saudable. Máis Saaabor! mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público. A nova cociña mundial abre o seu novo establecemento na vosa localidade e ides ter que probalo!
Un menú elaborado en directo coa participación do público digno dos maiores recoñecementos do mundo culinario.
https://www.youtube.com/watch?v=dKPtYXc-3xU

Luns, 19 no Auditorio ás 11.30 h
TEATRO (reaOU - Rede Povincial de Auditorios)
“MADE IN GALICIA” de SARABELA TEATRO
Público: 3º – 4º ESO e 1º BAC / Público en xeral
Entrada: de balde
Sinopse: Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non “resistiría” ningunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será de deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas… Fronte ao “es que no me sale”, “es que no se me da” “MADE IN GALIZA” é un convite á República Independente da nosa lingua. Non imos perdela nin en soños!
A obra de Sende (Padrón, 1972) abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo, a través dun texto que move e conmove. O teatro feito emoción, sentimento, plasticidade, e confronto. Cada historia é diferente e está protagonizada por personaxes retranqueiros, combativos, tenros, cómicos e poéticos. Aguerrida defensa da lingua galega.
https://www.youtube.com/watch?v=GzFZIrmYWQ4

21 e 22 desde o anfiteatro da Vera Cruz ás 11.00 h
ROTEIRO MANUEL MARÍA – A.C. AVANTAR

Venres, 23 no Auditorio ás 21.00 h
MONÓLOGO de TOURIÑÁN – AQUÍ TOU! (M2 Producións)
https://vimeo.com/802981921

Sábado, 24 na tenda Ozoco GZ
FOLIADA DE AVANTAR
ás 18.30 h: presentación libro: Cantareiras de Icía Varela e Xosé Manuel Varela e obradoiro de pandeireta
ás 20.30 h: foliada

Sábado, 24 no Auditorio ás 18.30 h
MAXIA – SHADO CLEPTÓMAGO (Pares o Nones)

https://www.youtube.com/watch?v=FnLGr2hOh_8

Domingo, 25
de 10.00 h a 14.00 h
PON UNHA FOTO NA RÚA. LEMBRANZA DOS DECORADOS DO FOTÓGRAFO GABRIEL ALONOS “O POTIÑOS”
(A. C. O Potiños)

Domingo, 25 no Auditorio
ás 19.00 h CINE filmoteca – “PREFIRO CONDENARME”
(Cineclub O Carballiño)

Martes, 27 no Auditorio
a partir das 10.30 h MUSILANDIA. CMUS

Mércores, 28 no Auditorio a partir das 11.30 h
ESPECTÁCULO DAS CANTAREIRAS: “AXÚDAME A CANTAR”
LETRAS GALEGAS 2025. 75 ANIVERSARIO ED. GALAXIA
Duración: 50 minutos
Sinopse: Felisa Segade e Montse Rivera (fundadoras de Leilía, primeiro grupo que dá protagonismo á voz e á pandeireta nun escenario) afondarán neste espectáculo de canto, enfocado á campaña escolar, palabra e toque, no porqué destas cantigas, a súa creación, os momentos en que se cantaban, o papel que xogaban no día a día das nosas antepasadas.
Axudádeme a cantar é un encontro con xente moza que ten como obxectivo fundamental servir de ponte entre antano e hogano, poñendo en valor un patrimonio inmaterial que é parte da nosa historia e que debemos protexer e evitar que esmoreza, que caia no esquecemento.
En 2025 o Día das Letras Galegas está dedicado ao Cancioneiro popular galego e ás mulleres que crearon cantigas que se transmitiron de nais a fillas.

30 e 31 no Auditorio – consultar programa
II FESTIVAL DE PERCUSIÓN – CARBALLIÑO SOA
Entrada: de balde

Outras actividades

- MURAL CONMEMORATIVO “AS CANTAREIRAS E A POESÍA GALEGA ORAL” – LETRAS GALEGAS 2025

- EXPOSICIÓNS FOTOGRÁFICAS – A. F “O POTIÑOS”
POTIEXPO2025 – Casa do Concello
MIRADAS DE E. PARDO BAZAN - Casino
SOMBRAS – Casa Ramón (R/ Principal)
O RIO ARENTEIRO – Asador Veracruz
PREMIOS CONCURSO 2024 – Cafetería Plaza
INSPIRACIONS – Galería Ango
POTIEXPO23 – Manxares (R/ Calvo Sotelo)
OSEIRA – Balneario do Carballiño
FOTOS XOCIVIGA – Cafetería Amelie (Praza de San Ramón)