O estancamento da auga no depósito distribuidor, debido ao apagón eléctrico, provocou que se alterasen os parametros admisibles para o consumo humano. Escoita aquí ao alcalde José Manuel Iglesias.

O alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, explicou en COPE O Carballño os motivos que levaron ao concello a recomendar á veciñanza que se abstivese de consumir auga procedente da rede municipal de abastecemento.
O problema estivo no apagón eléctrico da pasada semana, o que motivou o estancamento da auga no principal depósito distribuidor do Outeiro Grande, e provocou que se alteráse un dos valores sanitarios. Un problema, dixo o alcalde, que xa está superado.
Ademáis, o rexedor municipal tamén contestou a varias preguntas da audiencia de COPE O Carballño, e valorou moi positivamente a entrevista do pasado venres co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na que ambos mandatarios acordaron reactivar o proxecto de erradicación do chabolismo na Fontela.
Escóitao aquí: