14 de Xaneiro: O Carballiño suma 41 contaxios activos e Maside os seus dous primeiros casos tras varias semanas

14, Xaneiro 2021

O Carballliño continúa incrementando os casos de coronavirus, e chega hoxe aos 41 contaxios activos, deles 39 son novos contaxios rexistrados nos últimos 14 dias. Ademáis, Maside , que levaba varias semanas sen casos de coronavirus, rexistra hoxe 2, nesta última actualización de datos feita polo Sergas.

Mentres, Piñor queda libre de virus, tras recibir a alta médica a única persoa enferma que figuraba neste concello, e San Cristovo de Cea rebaixa ata os 6 os contaxios acttivos, 2 menos que onte. Continúan con 2 casos os concellos de Boborás e O Irixo, con 1 contaxio sigue estando Punxín, e continúan con cero contaxios os municipios de Beariz e San Amaro.