150 participantes na 3ª Xuntanza de Clásicos do Irixo. Escoita aquí a entrevista aos organizadores.

23, Xuño 2025

Record de participación na 3ª edición da Xuntanza de Clásicos do Irixo, que se celebrará este sábado 28 de xuño, con rutas turísticas, xogos e un xantar popular na carballeira da Pena da Sela.

Como éxito da convocatoria, está o feito de que por motivos loxísticos a participación máxima fixouse nos 150 equipos participantes, e existe unha lista de agarda de 40 automobilistas.

Escoita aquí a entrevista en COPE O Carballiño aos organizadores Moncho e Diego: