16 de Xaneiro: Acelerón de coronavirus no Carballiño (+9) alcanzando os 49 casos activos

16, Xaneiro 2021

O Carballliño ten hoxe 49 persoas veciñas do municipio enfermas de Covid-19, tras incrementar a cifra en 9 novos contaxios nas últimas 24 horas. Trátase do incremento máis alto nun so dia nesta terceira onda da pandemia no municipio carballiñés.

Tamén tén hoxe un caso de coronavirus máis que onte o concello de Maside, que se sitúa con 4 contaxios activos, mentres que O Irixo ten un  menos que onte e quédase con 2 contaxios activos. Non se producen variacións no resto de concelllos: San Cristovo de Cea (6) Boborás (2) Punxín (1) Beariz (0) Piñor (0) San Amaro (0)