18 de Xaneiro: Baixan os contaxios ata os 357 no Carballiño e soben en Maside, Boborás, Cea e San Amaro.

18, Xaneiro 2022

O Carballiño rexistra hoxe unha leve melloría na súa situación epidemiolóxica, que se reflicte tanto na incidencia acumulada a 7 dias como nos contaxios activos, que son 4 menos que onte e deixa a cifra actualizada en 357 no municipio carballiñés. 

Pola contra, os datos empeoran en Maside (+3) (45) Boborás (+2) (40) Cea (+3) (31)  e San Amaro (+3) (24) . No resto de concellos apenas se observan variacións, con datos estables.