18 de Xaneiro: O Carballiño baixa (-4) a 47 contaxios activos, e suben Cea (+3) a 9, e Maside (+2) a 6

18, Xaneiro 2021

A última actualización de datos por parte de Sanidade déixanos unha baixada de 4 contaxios activos de coronavirus no Carballliño, pasando dos 51 casos deste pasado domingo aos 47 que ten activos hoxe lúns dia 18 de Xaneiro.

Aumentan os casos activos tanto en San Cristovo de Cea (+3) e alcanza os 9, e Maside que sube 2 e rexistra 6 casos activos hoxe. Nos demáis concellos non se producen variacións nos datos, que son os mesmos dos últimos dias, cos seguintes contaxios activos: Boborás (2) O Irixo (2) Punxín (1) Con cero contaxios resisten os concellos de Beariz, Piñor e San Amaro.