19 de Xaneiro: O Carballliño (+4) e Maside (+1) únicos concellos que incrementan os casos de coronavirus.

19, Xaneiro 2021

O Carballliño pasa de 47 contaxios activos que rexistraba onte aos 51 que notifica hoxe martes, os mesmos do pasado domingo, a cifra que de momento marca o record de contaxios diarios nesta terceira onda da pandemia no Carballliño. Tamén incrementa un caso activo Maside, que se sitúa hoxe con 7.

No resto de municipios non hai variacións, e polo tanto continuamos cos mesmos casos activos dos últimos dias: San Cristovo de Cea (9) O Irixo (2) Boborás (2) Punxín (1) Beariz (0) Piñor (0) San Amaro (0)