19 de Xullo: Incremento de contaxios activos en Boborás (12) Maside (10) e O Irixo (7) e repetición de datos no Carballiño (92) e Avión (26)

19, Xullo 2021

Despois de varios dias de incremento constante de contaxios activos tanto no Carballiño como en Avión, os datos de hoxe son os mesmos de onte, polo tanto temos 92 contaxios activos no Carballiño e 26 no concello de Avión.

Incrementan hoxe casos activos os concellos de Maside (+3) (10) Boborás (+1) (12) e O Irixo (+1) (7) Repetimos os mesmos datos nos concellos de Cea (4) San Amaro (2) Leiro (7) e Punxín (0)

Finalmente, descenden os contaxios activos en Beariz (-1) (8) e Piñor (-1) (2)