2 e 3 de maio: orquestras, a charanga CLK e a banda de música de Redondela nas festas de Santa Cruz de San Clodio

2, Maio 2022

A parroquia de San Clodio de Leiro recupera este ano a celebración das festas de Santa Cruz, de moita tradición no Ribeiro. A charanga CLK e a orquestra Miramar amenizarán a primeira verbena na noite deste lúns dia 2 de maio.

O martes dia 3, festividade de Santa Cruz e festivo de carácter local no municipio de Leiro, ofrecerá pasarrúas e concerto en sesión vermút a banda de música de Redondela, que tamén aconmpañará procesión ao mediodia, cando se celebre a misa solemne na honra da divina reliquia. Pola tarde-noite amenizarán a segunda verbena os grupos musicais "Fussión" e "La noche".