21 de Febreiro: O Carballiño sae do nivel de máximo risco ao caer a incidencia acumulada ata os 29 positivos nos últimos 14 dias, con 31 contaxios activos

21, Febreiro 2021

O Carballiño sitúase por debaixo do nivel de máximo risco de propagación do coronavirus no indicador da incidencia acumulada a 14 dias, o que utiliza Sanidade para determinar os distintos niveis de risco sanitario pola pandemia. Os 29 novos positivos diagnosticados nos últimos 14 dias sitúan a O Carballiño por debaixo do parámetro dos 250 casos por cada 100.000 habitantes, concretamente O Carballiño ten hoxe unha incidencia acumulada de 205 casos por 100.000 habitantes.

En canto a contaxios activos, O Carballiño resta hoxe 5 casos ata e quédase con 31 nesta ultima actualización de datos do Sergas de hoxe domingo. Tamén resta un caso Punxín, que baixa aos 4. E sen cambios no resto de municipios: Boborás (6) Cea (4) Maside (4) O Irixo (1) Beariz (0) San Amaro (0) Piñor (0)