21 de Novembro: Os casos activos de coronavirus baixan aos 18 no Carballiño, os mesmos que alcalza Beariz, no primeiro dia sen restriciós de mobilidade e apertura da hostelería.

21, Novembro 2020

O Carballiño recupera hoxe a súa actividade na hostelería e a restauración, neste sábado 21 de Novembro, e faino cun novo descenso no número de casos activos de Covid-19 no municipio, que son hoxe 18, cinco menos dos que había onte. Mentres, Beariz iguala en número de contaxios a O Carballiño, con 18 notificados por Sanidade no municipio bearicense, eso si, trátase dun foco localizado na Residencia de Maiores da localidade, polo que se considera que está baixo control.

O terceiro concello da comarca con máis persoas enfermas de Covid-19 nesta xornada de sábado é PIñor, que rexistra 6 casos, dous máis que onte. Con 4 contaxios activos están -respectivamente- os concellos de Maside e Boborás, con 3 San Cristovo de Cea, con 2 O Irixo, con 1 Punxin, e outro dia máis libre de virus o concello de San Amaro, con cero casos.