23 de Xullo: O Carballiño (+7) acumula xa 123 casos activos. Tamén incrementan contaxios hoxe Maside, Avión, Piñor e Cea.

23, Xullo 2021

O Carballiño continúa de dia en dia rexistrando un novo record de contaxios de coronavirus nesta quinta onda da pandemia, hoxe venres ten 7 contaxios máis que onte, polo que alcanza a cifra de 123 contaxios activos. 

Tamén incrementan hoxe os contaxios Maside (+2) (12) Avión (+1) (33) Piñor (+1) (5) e Cea (+1) (5)

Repiten datos o resto de municipios, que manteñen os seguintes contaxios activos: Boborás (20) Beariz (13) Leiro (8) O Irixo (7) San Amaro (2) Punxín (1)