2.500 persoas manifestanse no Irixo contra a incineradora

A tarde estaba expléndida de sol de inverno, e pasadas as 3 da tarde xa comezaba a notarse ambiente de manifestación no entorno do Abanico, nas inmediacións da capitalidade municipal do Irixo, finalmente, arredor de 2.500 persoas responderon á chamada da Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non. Con 20 minutos de retraso sobrre o horario previsto partía a marcha pola estrada autonómica O Carballiño-Lalín, que abría unha gran pancarta portada polos membros da Cordenadora. Entre os manifestantes, caras coñecidas da política autonómica como o Ex-Conselleiro e Deputado do BNG Alfredo Suárez Canal, as tamén deputadas Maria Quintas do PSOE e Tareixa Paz do BNG, asi como os Alcaldes de Ribadavia, Piñor e Maside, os 3 socialistas. Outros, chegados desde máis lonxe, como o Alcalde de Teo, o nacionalista Martiño Noriega. 

A marcha trancurríu sen incidentes e a altura da Vivenda familiar do Alcalde do Irixo un grupo de manifestantes situaron un colector de lixo á entrada da casa, mentres se repetían algunhas das consignas máis escoitadas "Penedo escoita, O Irixo está en loita", "queremos traballar e non apestar" ou "que este goberno arda no inferno".  A comitiva foi avanzando atá a Praza do Concello do Irixo, onde agardaban algunas persoas "esperábase máis xente" decian algunhos. O Certo,  é que a manifestación foi un éxito para os organizadores, que falaban de 5.000 asistentes, en todo caso unha cifra de manifestantes superior á actual poboación do municipio do Irixo, que está por debaixo dos 2.000 habitantes. Certo é tamén, que a gran maioria dos manifestantes chegaron desde fora do Concello, aínda que desde o propio municipio a participación tamén foi relevante, sobre todo dalgunhas parroquias, como a de Loureiro.

Ao final do acto, un representante da Coordenadora Veciñal agradeceu "a presencia dos que antepoñedes a ética e a honradez aos intereses económicos". O escritor Luis González Tosar foi o encargado de dirixirse ao público que enchia a Praza do Concello do Irixo  "teño falado en moitos auditorios, pero nunca me sentín tan honrado coma hoxe, como aquí, entre a miña xente, non podemos fallarlles os que están enterrados nos 11 cemiteiros das 11 parroquias do Concello", parroquias que foi nomeando unha a unha.

Tras varias referencias ao Alcalde e 1º  Tenente Alcalde "temos detrás nosa dous traidores na historia do Irixo" González Tosar preguntouse "quen é o parvo que cámbea a súa saúde e a da súa familia por clasificar basura, traicionaronnos, e non imos ser vendidos por dous traidores,  a partir de hoxe non recoñecemos ao Señor Penedo como Alcalde do Irixo",  palabras que foron seguidas desde o público con berros de "Penedo dimisión".  Finalmente, proclamou que "desde que a humanidade é humanidade David sempre soubo enfrontarse a Goliat, vencerémos".

 

Comentarios

deixade de politizar todo,

deixade de politizar todo, ignorantes da política, non tendes nen idea dela, sodes uns fala barato. Estes comentarios fanme ferver o sangue. O unico que hay que comentar nisto é que instalando unha incineradora preto do concello calquera o que sea, vai ser a ruina do lugar, e por consecuencia a ruina política de calquera. Hay que ser consecuente cos actos de cada un, calquera que sea o nosa cor política. A min falando claro importame pouco o Irixo xa que son do Carballiño e se lle votan ó Penedo ese durante 25 anos (ainda que non o entenda porque pouco fixo nese tempo, pero esto seria outro tema) ou a un can de palleiro, pero se as decisions de ese individuo lle afectan á miña xente, ós meus intereses ou ós meus veciños póñome en contra do que faga falta. Claro que hay que actuar e facer algo cos residuos, pero non preto de aquí, que promovan a reciclaxe ou que os leven a castela os de Estela Eólica que está mais deprimida e falta de traballo, ese tipo de traballos que non veñan nen ofrecelos aqui, porque son envelenados, e só un idiota ou un corrupto que non lle importen as consecuencias poderian aceptar este tipo de industria. Aproveitade o monte de outra maneira, esixan que lles den ideas eses concelleiros e políticos, que para eso lles pagan un soldo, para aproveitar o monte, que hay moito, para facer biomasa, biodiesel, para caza, pero non para destruilo, porque se é para facer algo de eso, xa que o tempo de recuperación do monte será de moitos anos. Se quere este home crear postos de traballo en merda de esa, porque non propón enton unha pranta nuclear, contamina ainda menos e crearía riqueza ainda mais grande no Irixo, ainda que bueno co pailán que é seguro que tamen acepta e vende a idea de que vai facer millonarios a todos os da comarca. Deixade a demagoxia e plantemos cara a estas empresas que creen que ofrecendo un par de traballos van a comprar a un concello. Igual que os do AVE, que moito traballo e moito conto, pero cantos do Irixo traballan ahí, Un saudo a todos

Queren dervirtuar a

Queren dervirtuar a manifestación en canto a xente do Irixo que habia moita e en canto a política. Ali habia xente de tódolos colores, con cargos públicos so de dous polo q todos sabemos. Ahora ben o éxito foi rotundo, nunca se veu tanta xente xunta nunha manifestación no contorno. Os que asexaban estaban sorprendidos e eu tamén nunca pensei que se xuntaría tanta.

Hai moitos comentarios no

Hai moitos comentarios no sentido de intentar desvirtuar a manifestación do sábado como de que non había nin duascentas persoas do Irixo (eu coñezo a bastante dela e creo que había uns poucos, non sei se empadroados ou non, pero dende logo con casa alí), que había moitos cargos de PSOE e BNG, de sindicatos, etc. Para contestar a todos os comentarios que se fan neste sentido eu resumiríalles o que penso en dous puntos: 1: No hipotético caso de construir esta incineradora afectaría a máis concellos que ao do Irixo ¿ou acaso as partículas resultantes da incineración (dioxinas, furanos e demáis compostos que a día de hoxe son descoñecidos) só van afectar neste concello? e as augas de choiva (no suposto caso de que todo esté perfectamente impermeabilizado nos vertedoiros) e o escorregamento das mesmas só afectaría ao río Pedriña? Ou afectaría a toda a comarca do Carballiño? En consecuencia a resposta foi unha resposta da comarca e non ten sentido ningún dicir que había pouca xente do Irixo. 2: Acaso pretenden desvirtuar a manifestación nomeando aos cargos máis coñecidos destes dous partidos (PSOE e BNG) e facer ver que foi unha manifestación política. Alí había xente de todos os partidos e moita dela votante do Partido Popular (non cargos políticos, por suposto) que con bo criterio antepoñen a súa saúde por encima de calquera interese partidista.

Ola a todos e todas. coincido

Ola a todos e todas. coincido plenamente co comentario anterior en que non se pode medir o éxito da manifestación en función do número de veciños do Irixo que foron a ela, que considero que foi moi elevado, tendo en conta varias cousas: a presión que o grupo de goberno municipal fai sobre os veciños, a escasa "tradición" neste concello en mobilizacións, o feito das dificultades que todos coñecemos para que a xente se mobilice, etc. O problema que levou alí a moitos veciños da comarca afecta atoda a comarca, polo que o normal foi o que aconteceu: moita xente da comarca se manifestou. O rearo é que só foran veciños do Irixo, como se só a incineradora lles afectase a eles. É máis, o problema afecta no fondo a todos os galegos e galegas, xa se trata de saber que é o que imos facer cos nosos residuos, non cos do Irixo ou os da comarca, senón cos de toda Galicia, polo que é normal que acudiran xentes de outros lugares e loxicamente persoas que pertencen ao movemento ecoloxista galego, que son os que levan anos en contra da Incineración non só no Irixo senón en todas partes. Creo que hai que valorar a manifestación como un primeiro paso exitoso cara a impedir a construcción desta planta incineradora e para promover outro modelo de xestión do lixo diferente.Neste sentido, o meu apoio e felicitacións á coordenadora de veciños, que en pouco tempo e de xeito creo que impecable á hora de poder ser tachada de partidista conseguiu este resultado. O protagonismo que busquen outras persoas por intereses particulares nada ten que ver con eles, e isto é unha moi boa nova para a cidadanía da comarca e para Galicia en xeral. Ricardo Paz

No te preocupes

No te preocupes Argimiro......que te va caer una buena por otro lado,vas a flipar.............por mentiroso,falso e incompetente....y el pueblo te va a castigar....firmado 10-01-2011......ACORDAROS de este comentario los de la cope,ya lo vereis................este no repite de Alcalde.....jajajaajja que buena

¿donde estaba Argimiro?¿es un

¿donde estaba Argimiro?¿es un mentiroso?¿un falso?...............................................se esconde,este es un alcalde sin personalidad sin respeto hacia los demas,¿donde estabas Argimiro?...........pues bien,en Orense,tirandole de las orejas alguien del PP,por darle la espalda a Feijoo.....

yo no estaría tan segura de

yo no estaría tan segura de con quien están cabreados los de arriba, si con Argimiro o con Penendo?????

Ya dijo que no iría. Al que

Ya dijo que no iría. Al que nos encantó ver fue al alcalde de Ribadavia, otro que promovia la incineradora para Carballeda. Desde luego amiguitos del P$OE, vuestra hipocresía roza lo cómico.

penedo me pareces patético,

penedo me pareces patético, acabo de leer una noticia acerca de tus declaraciones sobre que 200 personas de la manifestación eran de irixo y otras 100 obligadas; obligas? tu cres que la gente acude obligada? porfavor... das pena.

PENEDO + LITO = NEGOCIO

PENEDO + LITO = NEGOCIO

Gustariame que alguén dos que

Gustariame que alguén dos que defende a instalación da incineradora no Irixo,me respondera.Por que il o mellor está mellor informado que eu: ¿Por onde van levar o lixo?Por que a dia de oxe o tren non chega ata Valduide e a carretera e moi estreita. ¿De onde van a coller o auga que necesitan?Do naciente do Pedriña,do regato dos Amieiros ou de puzos de barrena. ¿Onde van a depositar o lixo, a espera de ser tratado?Dentro das covas,nos manantiais,na repoblacion... ¿Onde vai estar situado o vertedeiro do que non den queimado? ¿Onde van botar a borralla do que queiman? ¿Onde verteran a auga utilizada pola planta,e a procedente da desidratación do lixo? ¿Coñecen os comuneiros propietarios do monte a resposta? ¿Saven os mesmos que os cartos que cobran no nos poden repartir e que un 15% teñeno que gastar no monte(Lei de montes veciñais en man comun de Galicia)? Inda teño mais,pero unha resposta a estas .Daría algo de luz a tanta oscuridade

Estas cousas das que ti falas

Estas cousas das que ti falas tan concretamente ,son as que hay que explicar a xente e deixarse de politicadas .

A esta xentiña engánana cuns

A esta xentiña engánana cuns cantos pesos en época de crise. O que seguramente non lle explicaron eses dous do concello esto

Dous?...... eses son os

Dous?...... eses son os cabezas visibles, pero dende o fuciño ata o rabo todo é porco....¡¡¡¡.....

así que os demais.. secuaces que non escondan a man logo de tirar a pedra...¡¡¡

INCINERADORA NON!!!!!!!!!

INCINERADORA NON!!!!!!!!! Hai que lembrar que o PP é o responsable deste proxecto. O Alcalde e tenete son só as cabezas de turco desta historia..A Xunta ten que dar marcha atrás se non quere perder votos. Eu xa non lles votarei máis!!!!

se da marcha atrás a Xunta

se da marcha atrás a Xunta será pola presión veciñal, porque a idea é a que teñen. como o alcalde do Carballiño que na diputación vota a favor da planta e logo rectifica no carballiño. nas urnas pagarédelo

Inda que che pese, o alcalde

Inda que che pese, o alcalde do Carballiño deu todo un exemplo neste tema.

Si , o exemplo de botar a

Si , o exemplo de botar a favor

ordiá...¡¡¡¡¡¡ esa si que foi

ordiá...¡¡¡¡¡¡ esa si que foi boa...¡¡¡¡ ....

o argimirito hoxe vota que si

o argimirito hoxe vota que si mañá que non. menudo elemento, quen pode confiar neste

Alguén sabe algo de que nos

Alguén sabe algo de que nos últimos días, o 2º alcalde do Irixo... se mercou un tremendo coche?.....

un ferrari pero xo sabiamos

un ferrari pero xo sabiamos jajaaj ademais do chaket en marbella

Ti non deves de ser do irixo

Ti non deves de ser do irixo pois xa vai facer mais dun ano k o ten respaldade as vosas teorias e deixar de atacar a xente IGNORANTES

nin o sei nin me importa,

nin o sei nin me importa, creo que non ven ó caso.

pregunto, por se xa andiveron

pregunto, por se xa andiveron os reis adiantados...¡¡¡¡,

por que ao parecer por Menaz... chegaron antes que no Carballiño...¡¡¡

REFERENDUN XA. INCINERADORA

REFERENDUN XA. INCINERADORA NON. PENEDO DIMISIÓN.

Curiosamente todos los

Curiosamente todos los mensajes que piden la dimisión de Penedo y Lito están escritos en mayúsculas. Será una única persona quien los escribe???? Va a ser que si

Será que el que siempre

Será que el que siempre escribe en castellanito será siempre el mismo o la misma,jajajaja

Eu coido que é a Fradesa !

Eu coido que é a Fradesa !

Estes son resultados das

Estes son resultados das medicions de sogama,OFICIALES,e calida de vida? e so si...non estan todos e son OFICIALES entra neste enlace http://www.prtr-es.es/informes/fichacomplejo.aspx?id_complejo=674

Pero a tua basura vai para

Pero a tua basura vai para Sogama, seguro que ata o de agora non mirabas se era perxudicial ou non mentras a recolleran

Fai anos que "composto" e q

Fai anos que "composto" e q da miña casa saen envases con papel,plasticos e restos organicos (estes son os que non comen os animais domesticos que teño),eu non sei para onde vai limitome a facer uso dos recursos dos que dispoño(Contenedores),pero tamen che digo sinto vergoña, cando vexo algun camion cargando indiscriminadamente contenedores,verdes e amarillos ,pensas que vou creer no von facer dunha planta ,que esta fora da vista normal ,cando na via publica fan o que che digo?non o creo,e si podo vivir lonxe de esa emisions loitarei por elo,con respeto a quen pensa o contrario,con libertade ,con conocemento dos pros e contras ,sin chantaxe e k verdade por diante,non criticando a outros o que nos facemos.

Coido que interesante a

Coido que interesante a colsulta deste enlace,un bo complemento a visita a Sogama,que estan dentro dos marxes legais? non o dudo ,do contrario non os publicarian,como obvian algun ano,pero... non estamos mellor sin eses verquidos

PENEDO DIMITE, O POBO NON TE

PENEDO DIMITE, O POBO NON TE ADMITI.

PENEDO DIMITE, O POBO NON TE

PENEDO DIMITE, O POBO NON TE ADMITE, ESBIRRO DIMITE O POBO NON TE ADMITE. SOLO PENSADES NO QUE ADMITEN OS VOSOS BOLSILLOS.

A realidade é, que istes dous

A realidade é, que istes dous que viven a conta dos veciños do Irixo, pois teñen adicación exclusiva pa cobrar o soldo, porque pa traballar po concello, pa eso non, por que todos sabemos que se adican os seus negocios, bueno, pois teñen o pobo dividido e ben dividido que o teñen, pois mira se o teñen dividido que hai moitisima xente que a dia de oxe non recoñecen a Penedo como alcalde do Irixo. PENEDO DIMISIÓN, PENEDO DIMISIÓN, PENEDO DIMISIÓN, PENEDO DIMISIÓN, PENEDO DIMISIÓN, PENEDO DIMISIÓN, PENEDO DIMISIÓN.

ë normal que nun pueblo haxa

ë normal que nun pueblo haxa xente que opine de distinta forma, uns querrán a incineradora e outros non, a uns lles gusta Penedo e a outros non. Pero non por eso se pode pedir a dimisión dunha persoa que foi elexida democráticamente e con maioría. Bueno, rectifico, pedir, claro que se pode pedir, ¿por que non? Eu pido moitas cousas: traballo, non sentirme afogado polos bancos, chegar ben a fin de mes,......

Ya tenemos en las calles a

Ya tenemos en las calles a los pancartistas!!!!! el PSOE pone su maquinaria a funcionar para intentar dar la vuelta a sus resultados en las ultimas elecciones municipales, como saben hacer, destruyendo empleo, como hizo ZPARO, en sus años de legislatura. la misma gente que no se movilizo por la subida del paro, la misma que no salio a la calle porque el Sr. Pachi queria instalar una de estas de la comarca del ribeiro,... La verdad es que aun no entiendo como la gente puede opinar de algo de lo cual desconoce, solo porque cuatro politicuchos de tres al cuarto los influencien, acaso la gente no sabe que en Alemania se aprovaron 90 plantas de estas con el apoyo en el Parlamento de un partido poliítico llamado "LOS VERDES". YO ESTOY A FAVOR DE LA CREACIÓN DE EMPLEO!!! DE QUE LA GENTE PUEDA LLEGAR A FIN DE MES, DE QUE LA GENTE PUEDA CONSEGUIR EMPLEO EN LA EMPRESA PRIVADA (Y QUE NO DEPENDA DEL TRABAJO PUBLICO, COMO HACIA EL SR. PACHI EN CARBALLINO, CON FINES ELECTORALES), QUE AUMENTE LA RENTA PER CAPITA DE LA COMARCA, Y DE QUE LOS DEBATES SE HACEN EN LE APRLAMENTO NO EN LA CALLE....

Infórmate ben que a planta

Infórmate ben que a planta que querían poñer en Carballeda non ten nada que ver co que nos queren poñer aquí

Informanos ti.

Informanos ti.

CARBALLEDA = RECICLAXE .

CARBALLEDA = RECICLAXE . O IRIXO = INCINERACIÓN Corto que eres corto

E volta ás plantas de

E volta ás plantas de Alemania co apoio dos verdes… as plantas de Alemania desgraciadamente non teñen moito que ver con Sogama, non é o mesmo queimar un 10% que un 90%. Alemania está a anos luz daquí, este debate xa o tiñan nos 70 e pouco a pouco foise optando pola reciclaxe… que é o que Sogama debería de ir facendo pouco a pouco, pero iso non da diñeiro rápido, claro. Que quede claro, as plantas de Europa pouco teñen que ver coas daquí…

e ti como coñeces cal é o

e ti como coñeces cal é o proxecto si no o viches, non sabes como vai ser...como xuzgas o tipo ou modelo de planta que se vai establecer, si non o coñeces. ¿Non se pode acaso instaurar un sistema de queima similar o que teñen en norte europa?, pero como os pancartistas gustavos sair a rúa...saídes sen coñecemento de causa, sen ver o proxecto, eu persoalmente doulle un voto de confianza o concello do irixo e a xunta de galicia, porque non van crear algo perxudixial para a saude. Hoxe en día, hai sistemas de queima que eliminan todos os elementos contaminantes....pero os catro politucuchos baratos que temos na zona, prefieren manipular a xente, instaurar o medo...que debatir no parlamento de galicia, onde sempre leva cerote...

por eso por todos os medios e

por eso por todos os medios e de todas as formas o que se está a pedir e INFORMACIÓN e INFORMACIÓN e INFORMACIÓN sobre a incineradora que se vai a instalar. Por favor, ¿¿¿¿porque non podedes dar información con todo o que se vai a facer, como se vai a implantar, como vai a funcionar, e despois pode que vos demos un voto de confianza!!!!!!!!! porque sen información non se pode dar ningunha carta blanca, sobre todo cando se trata deste asunto, é algo que si implica moito a xente e implica un gran cambio de vida na xente da zona. Necesitamos INFORMACIÓN para poder analizar todo e poder darvos un voto de confianza.

Pero vamos a ver si te

Pero vamos a ver si te aclaras!! Si estabas en contra de la planta de Carballeda,también estarás en contra de esta ? En caso contrario,si te parece bien la creación de estas incineradoras,te parecería genial la que promovía según tu Pachi Vázquez ?

O Lito e Penedo deberon de

O Lito e Penedo deberon de quedar a cadros ca xente que había. Qué lástima que teñan que ser eles e no Irixo donde se xunte toda esa xente por culpa do que están facendo.

PENEDO, FAI UNHA

PENEDO, FAI UNHA MANIFESTACIÓN A FAVOR DO SI SE TES O QUE HAI QUE TER, NON DIS QUE TES O SETENTA E CINCO POR CEN A FAVOR, DEMOSTRAO COBARDE, CONVOCA UN REFERENDUN, TODO O IRIXO, LLAS COMARCAS DE CARBALLIÑO E O DEZA XA CHE VIRON O PLUMEIRO. PENEDO TRAIDOR DIMISION XA.

ESTAMOS NELO, A DÚBIDA QUE

ESTAMOS NELO, A DÚBIDA QUE TEMOS É SE TRAER OS AUTOBUSES SO DA PROVINCIA OU EXPANDIRNOS UN POUCO MÁIS LONXE. CANTO VOS COBRARON A VÓS?, PERO NOS A MAIORES IMOS INVITAR A TODOS A UNHOS CHOURICIÑOS ASADOS, XA VEREMOS QUEN GANA

Chourizos? asados e como

Chourizos? asados e como debian estar alguns,por que negros xa estan.Ala quen se pique,si pode q se rasque,pero claro por moito rascar non se vai o picazon salvo unha boa desinfeccion.

Nós non andamos coma outras

Nós non andamos coma outras polas casas levando o aguinaldo á pobre xentiña