28 de Novembro: O Carballiño completa unha semana negra con 49 novos positivos. Tan so os concellos de Beariz, Boborás, Punxín e Piñor resisten libres de virus.

28, Novembro 2021

Nos últimos 7 dias O Carballiño rexistrou 49 novos positivos en Covid-19 confirmados con probas PCR, a segunda peor semana no que vai de ano 2021 nos indicadores do coronavirus no municipio carballiñés. Unha alta incidencia que tamén se reflicte no indicador do Sergas a 14 dias, con 59 casos diagnosticados no Carballiño neste intervalo de tempo.

No resto dos concellos da comarca a situación é máis tranquila, con Maside á cabeza con 8 contaxios nas últimas dúas semanas, e con casos illados no resto de municipios, e mesmo con catro concellos resistindo libres de virus nesta nova fase expansiva da pandemia, como son os de Boborás, Beariz, Punxín e  Piñor, que non notificaron contaxios nos últimos 14 dias.